Guimarães é unha cidade portuguesa situada no distrito de Braga, rexión Norte e subrexión do Ave (unha das subrexións máis industrializadas do país), cunha poboación de 52.182 habitantes, repartidos nunha malla urbana de 23,5 km², en 20 freguesías e cunha densidade de poboación de 2 223,9 hab./km². É sede dun municipio con 242,85 km² de área e 161.876 habitantes (2004), subdividido en 69 freguesías, residindo a maioría da poboación na cidade e na súa zona periférica.

É unha cidade histórica, cun papel crucial na formación de Portugal, e que conta xa con máis dun milenio desde a súa fundación, altura en que era designada como Vimaranis.

Guimarães é unha das máis importantes cidades históricas do país, sendo o seu centro histórico considerado Patrimonio Cultural da Humanidade, tornándoa definitivamente un dos maiores centros turísticos da rexión. As súas rúas, avenidas e monumentos respiran historia e encantan quen a visita.

A...Ler máis

A Guimarães actual soubo conciliar, da mellor forma, a historia e consecuente mantemento do patrimonio co dinamismo e emprendedorismo que caracterizan as cidades modernas.

Historia
 
Praza da Oliveira, no Centro histórico, co Padrão do Salado.

A cidade foi fundada, sobre un asentamento anterior, polo magnate galego Vimara Pérez no século IX, de onde tomou o seu nome (Vimaranis, logo Guimaranis), e algo despois nacería aquí o primeiro Condado de Portugal, en 1086, dentro do Reino de Galiza. Como primeira capital portuguesa, é denominada "O berce de Portugal". En 1095 Henrique de Borgoña, que casara coa princesa Tareixa, filla do rei Afonso VI, estableceu en Guimarães o 2º Condado de Portugal. O 25 de xullo de 1109, Afonso Henríques, fillo de Henrique de Borgoña, naceu nesta cidade; anos máis tarde proclamaría a independencia de Portugal do reino de Galiza e León, despois da batalla de San Mamede (24 de xuño de 1128), e proclamándose a seguir rei de Portugal (1139). A conmemoración daquela batalla, cada 24 de xuño, é festa local en Guimarães.

Photographies by:
Alexander Kozyrev - Public domain
Statistics: Position
2951
Statistics: Rank
40420

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
917364528Click/tap this sequence: 4897

Google street view

Where can you sleep near Guimarães ?

Booking.com
489.962 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 11 visits today.