El Capricho (Gaudí)

A Vila Quijano, popularmente coñecida como El Capricho, é un edificio modernista situado na localidade cántabra de Comillas. Foi proxectado por Antoni Gaudí e construído entre 1883 e 1885 baixo a dirección de Cristóbal Cascante, axudante do arquitecto reusense, por encargo do indiano Máximo Díaz de Quijano. É unha das poucas obras que Gaudí proxectou fóra de Cataluña.

Esta obra pertence á etapa orientalista de Gaudí (1883-1888), período en que o arquitecto realizou unha serie de obras de marcado gusto oriental, inspiradas na arte do Próximo e Extremo Oriente (India, Persia, Xapón), así como na arte islámica hispánica, principalmente o mudéxar e nazarí. Gaudí empregou con gran profusión a decoración en azulexo cerámico así como os arcos mitrais, cartelas de ladrillo visto e remates en forma de templete ou cúpula.

O edificio caeu no abandono trala Guerra Civil, estado no que seguiu a pesar da súa declaración como Ben de Interese Cultural en 1969. En 1...Ler máis

A Vila Quijano, popularmente coñecida como El Capricho, é un edificio modernista situado na localidade cántabra de Comillas. Foi proxectado por Antoni Gaudí e construído entre 1883 e 1885 baixo a dirección de Cristóbal Cascante, axudante do arquitecto reusense, por encargo do indiano Máximo Díaz de Quijano. É unha das poucas obras que Gaudí proxectou fóra de Cataluña.

Esta obra pertence á etapa orientalista de Gaudí (1883-1888), período en que o arquitecto realizou unha serie de obras de marcado gusto oriental, inspiradas na arte do Próximo e Extremo Oriente (India, Persia, Xapón), así como na arte islámica hispánica, principalmente o mudéxar e nazarí. Gaudí empregou con gran profusión a decoración en azulexo cerámico así como os arcos mitrais, cartelas de ladrillo visto e remates en forma de templete ou cúpula.

O edificio caeu no abandono trala Guerra Civil, estado no que seguiu a pesar da súa declaración como Ben de Interese Cultural en 1969. En 1977 a última descendente dos López-Díaz de Quijano, Pilar Güell Martos, vendeu a propiedade ao empresario Antonio Díaz quen o restaurou en 1988 e converteu nun restaurante. En 1992 foi comprado polo grupo xaponés Mido Development. Por último, en 2009, o edificio converteuse en museo.

Photographies by:
Statistics: Position
2672
Statistics: Rank
46483

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
786413529Click/tap this sequence: 2871

Google street view

Where can you sleep near El Capricho (Gaudí) ?

Booking.com
489.373 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 11 visits today.