Україна
UcraínaContext of Ucraína
Ucraína (en ucraíno: Україна, tr. "Ukraina", [ukrɑˈjinɑ] (AFI)) é unha nación eslava situada, en liñas xerais, entre os mares Negro e Azov e o río Prípiat, entre as planicies húngaras, a foz do Danubio e o río Don. Os ríos Dniéper e Dniéster son os límites xeográficos centrais de Ucraína. A cidade de Kíiv é a vella capital e o centro da vida cultural ucraína.
Ucraína confina ao sur co mar Negro e o mar de Azov, ao suroeste con Moldavia e Romanía, ao oeste con Hungría, Eslovaquia e Polonia, ao norte con Belarús e ao leste con Rusia, atinxindo case as estepas do río Volga e a rexión caucásica.
Esténdese por un territorio xeográfico de 603 700 km² e comprende un territorio etnográfico mixto de 945 000 km². Ucraína é o segundo maior país de Europa (detrás de Rusia).
A poboación de Ucraína é de arredor de 41 millóns de habitantes.
More about Ucraína
- Currency Hrivna
- Native name Україна
- Calling code +380
- Internet domain .ua
- Speed limit 130
- Mains voltage 230V/50Hz
- Democracy index 5.81
- Population 41167335
- Area 603550
- Driving side right