Context of Belarús

Belarús (en belaruso: Беларусь, "Biełaruś", [bʲɛlaˈrusʲ] (AFI); en ruso: Белоруссия, "Belorussia"), oficialmente a República de Belarús, é un país sen saída ao mar de Europa Oriental. Limita ao norte con Letonia, ao norte e ao leste con Rusia, ao sur con Ucraína, ao leste con Polonia e ao leste e ao norte con Lituania. A súa capital é Minsk, e outras cidades de importancia son Brest, Hrodna, Homieĺ, Mahilioŭ e Viciebsk. Máis do 40% dos seus 207.600 km2 son bosques, e os sectores económicos de maior peso son as empresas de servizos e as empresas industriais.

Até o século XX, os belarusos careceron da oportunidade de crear unha identidade nacional distintiva porque durante a historia os territorios da actual Belarús pertenceron a varios países diferentes, incluíndo o Principado de Polotsk, o Gran Ducado de Lituania, a República das Dúas Nacións, o Imperio Ruso. Logo da revolución rusa de 19...Ler máis

Belarús (en belaruso: Беларусь, "Biełaruś", [bʲɛlaˈrusʲ] (AFI); en ruso: Белоруссия, "Belorussia"), oficialmente a República de Belarús, é un país sen saída ao mar de Europa Oriental. Limita ao norte con Letonia, ao norte e ao leste con Rusia, ao sur con Ucraína, ao leste con Polonia e ao leste e ao norte con Lituania. A súa capital é Minsk, e outras cidades de importancia son Brest, Hrodna, Homieĺ, Mahilioŭ e Viciebsk. Máis do 40% dos seus 207.600 km2 son bosques, e os sectores económicos de maior peso son as empresas de servizos e as empresas industriais.

Até o século XX, os belarusos careceron da oportunidade de crear unha identidade nacional distintiva porque durante a historia os territorios da actual Belarús pertenceron a varios países diferentes, incluíndo o Principado de Polotsk, o Gran Ducado de Lituania, a República das Dúas Nacións, o Imperio Ruso. Logo da revolución rusa de 1917, Belarús declarou a súa independencia como a República Nacional Belarusa (1918-19), e posteriormente pasou a ser unha república constituínte da Unión Soviética, a República Socialista Soviética de Belarús.

As fronteiras actuais do país teñen a súa orixe en 1939, coa incorporación á república de territorios até antón pertencentes á Segunda República Polaca logo da invasión soviética de Polonia, en virtude dos termos do Pacto Ribbentrop-Molotov entre a URSS e o Terceiro Reich Alemán. A nación e o territorio quedaron devastados logo da segunda guerra mundial, onde Belarús perdeu a terceira parte da súa poboación e máis da metade dos seus recursos económicos. A república foi rehabilitada nos anos posteriores á guerra.

O Parlamento da República declarou a soberanía de Belarús o 27 de xullo de 1990, e trala caída da Unión Soviética, Belarús declarouse independente o 25 de agosto de 1991. Aliaksandr Lukašenka é presidente do país desde 1994. Durante a súa presidencia, Lukašenka continuou con políticas da era soviética, como a propiedade estatal da economía, a pesar das obxeccións dos gobernos occidentais. Segundo algunhas organizacións, as eleccións non son limpas, e os opositores políticos sofren forte represión. Desde 2000, Belarús e Rusia asinaron un tratado para unha maior cooperación.

A maioría dos 9,5 millóns de habitantes de Belarús moran nas áreas urbanas próximas a Minsk ou nas capitais das outras rexións. Máis do 80% da poboación son nativos belarusos, o resto compóñena minorías de rusos, polacos e ucraínos. Desde un referendo en 1995, o país ten dúas linguas oficiais, o belaruso e o ruso. A Constitución de Belarús non declara unha relixión oficial, aínda que a principal relixión no país é o cristianismo ortodoxo, mentres que a segunda máis popular, o catolicismo, ten un seguimento moito menor en comparación.

É un estado completamente chan (non supera os 300 m sobre o nivel do mar), dividido en tres zonas xeográficas ben diferenciadas: a do norte, poboada de lagos; a meseta boscosa central; e a parte sur, moi pantanosa e deshabitada, chamada pantanos de Prypett.

Where can you sleep near Belarús ?

Booking.com
491.515 visits in total, 9.211 Points of interest, 405 Destinos, 37 visits today.