Context of Nova Zelandia

Nova Zelandia ou Nova Celandia (en inglés: New Zealand /njˈzlənd/, e en maorí: Aotearoa) é un país insular de Oceanía que se localiza no suroeste do océano Pacífico, formado por dúas grandes illas, a Illa Norte e a Illa Sur, xunto a outras moitas illas menores, destacando entre elas a Illa Stewart e as Illas Chatham. O Reino de Nova Zelandia tamén inclúe as Illas Cook e Niue (estados autónomos en libre asociación), e Tokelau.

Nova Zelandia, notable polo seu ...Ler máis

Nova Zelandia ou Nova Celandia (en inglés: New Zealand /njˈzlənd/, e en maorí: Aotearoa) é un país insular de Oceanía que se localiza no suroeste do océano Pacífico, formado por dúas grandes illas, a Illa Norte e a Illa Sur, xunto a outras moitas illas menores, destacando entre elas a Illa Stewart e as Illas Chatham. O Reino de Nova Zelandia tamén inclúe as Illas Cook e Niue (estados autónomos en libre asociación), e Tokelau.

Nova Zelandia, notable polo seu illamento xeográfico, está situada preto de 2000 quilómetros ao sueste de Australia no mar de Tasmania, e os seus veciños máis próximos ao norte son Nova Caledonia, Fidxi e Tonga. Debido a este longo illamento, no país desenvolveuse unha fauna endémica dominada polas aves, moitas das cales se extinguiron logo da chegada dos humanos e os mamíferos que introduciron sen ningún control. A maior parte da poboación neozelandesa é de ascendencia europea; os indíxenas maorís son a minoría máis numerosa. Os asiáticos e os polinesios tamén son minorías significativas, especialmente nas zonas urbanas. Aínda que ten tres idiomas oficiais, o máis falado con diferenza é o inglés.

O xefe de Estado de Nova Zelandia é Carlos III, como rei de Nova Zelandia, e está representado por un gobernador xeral, mentres que o poder executivo é exercido polo gabinete e o Primeiro Ministro. As súas cidades sitúanse entre as de mellor calidade de vida no mundo. Nova Zelandia é un país desenvolvido que se sitúa en lugares altos dentro de escalas internacionais sobre moitos temas, incluíndo a ausencia de corrupción, o nivel de educación e a liberdade económica, pero sen dúbida entre o que máis resalta, é no seu índice de desenvolvemento humano, que o sitúa sexto no mundo en 2012, e os seus índices de democracia, os cales sitúano na gran maioría das publicacións e estudos importantes como o país máis libre e co maior respecto aos dereitos civís no mundo.

More about Nova Zelandia

Basic information
  • Currency Dólar neozelandés
  • Native name New Zealand
  • Calling code +64
  • Internet domain .nz
  • Mains voltage 230V/50Hz
  • Democracy index 9.25
Population, Area & Driving side
  • Population 5118700
  • Area 268021
  • Driving side left

Phrasebook

Tirar
Pull
Empurrón
Push
WC
Toilet
Auga
Water
Como te chamas?
What's your name?
Onde está o baño?
Where is the toilet?
Wifi
Wifi
Mulleres
Women
Es Benvido
You're welcome

Where can you sleep near Nova Zelandia ?

Booking.com
8.847.840 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 3.326 visits today.