Context of Xava

Xava (En indonesio: Jawa), é unha illa de Indonesia. Cunha poboación de 135 millóns (excluíndo os 3´6 millóns de Madura, que se administra como parte de Xava), é a illa máis poboada do mundo, e unha das rexións máis densamente poboadas do mundo. É a residencia do 60% da poboación de Indonesia. A capital de Indonesia, Iacarta, está no oeste de Xava. Gran parte da historia de Indonesia levouse a cabo en Xava, que foi o centro de poderosos imperios hindú- budistas, sultanatos islámicos, o centro colonial das Indias Orientais Neerlandesas, e foi o centro da campaña pola independencia Indonesia. A illa domina a vida social, política e económica indonesia.

Conta con tres linguas principais, aínda que o xavanés é dominante e é a lingua materna de 60 millóns de persoas en Indonesia, a maioría dos cales viven en Xava. A maioría dos residentes son bilingüe, co Indonesio como a súa primeira ou segunda lingua. Aínda que a maioría da poboación de Xava é musulmá, Xava ten unh...Ler máis

Xava (En indonesio: Jawa), é unha illa de Indonesia. Cunha poboación de 135 millóns (excluíndo os 3´6 millóns de Madura, que se administra como parte de Xava), é a illa máis poboada do mundo, e unha das rexións máis densamente poboadas do mundo. É a residencia do 60% da poboación de Indonesia. A capital de Indonesia, Iacarta, está no oeste de Xava. Gran parte da historia de Indonesia levouse a cabo en Xava, que foi o centro de poderosos imperios hindú- budistas, sultanatos islámicos, o centro colonial das Indias Orientais Neerlandesas, e foi o centro da campaña pola independencia Indonesia. A illa domina a vida social, política e económica indonesia.

Conta con tres linguas principais, aínda que o xavanés é dominante e é a lingua materna de 60 millóns de persoas en Indonesia, a maioría dos cales viven en Xava. A maioría dos residentes son bilingüe, co Indonesio como a súa primeira ou segunda lingua. Aínda que a maioría da poboación de Xava é musulmá, Xava ten unha mestura diversa de crenzas relixiosas, etnias e culturas.

More about Xava

Where can you sleep near Xava ?

Booking.com
489.811 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 62 visits today.