Madagascar
Context of Madagascar
A República de Madagascar, ou Madagascar, é unha illa e nación no océano Índico, afastada da costa sueste da África, separada pola canle de Mozambique. A illa principal, tamén chamada Madagascar, é a cuarta maior illa do mundo, e a maior de África. No pasado, a illa estaba unida ao continente africano, do cal se separou, por iso é lar do 5 % das plantas e animais do mundo, 80 % deles endémicos. De entre os principais exemplos de biodiversidade está o lémure, da familia dos primates, tres especies de paxaros endémicas e as súas árbores de baobab. O adxectivo derivado de Madagascar é "malgaxe". A principal lingua falada no país é o malgaxe.
Os veciños máis próximos de Madagascar son a posesión francesa de Mayotte, no noroeste; a posesión francesa da Reunión, no leste; as illas dispersas do Océano Índico, Illas Gloriosas (noroeste), Juan de Novoa (oeste), Bassas da India, Illa Europa (suroeste) e Tromelin (leste); as Comores no noroeste; e as ...Ler máis
A República de Madagascar, ou Madagascar, é unha illa e nación no océano Índico, afastada da costa sueste da África, separada pola canle de Mozambique. A illa principal, tamén chamada Madagascar, é a cuarta maior illa do mundo, e a maior de África. No pasado, a illa estaba unida ao continente africano, do cal se separou, por iso é lar do 5 % das plantas e animais do mundo, 80 % deles endémicos. De entre os principais exemplos de biodiversidade está o lémure, da familia dos primates, tres especies de paxaros endémicas e as súas árbores de baobab. O adxectivo derivado de Madagascar é "malgaxe". A principal lingua falada no país é o malgaxe.
Os veciños máis próximos de Madagascar son a posesión francesa de Mayotte, no noroeste; a posesión francesa da Reunión, no leste; as illas dispersas do Océano Índico, Illas Gloriosas (noroeste), Juan de Novoa (oeste), Bassas da India, Illa Europa (suroeste) e Tromelin (leste); as Comores no noroeste; e as Seychelles no norte. A súa capital é a cidade de Antananarivo.
More about Madagascar
- Calling code +261
- Internet domain .mg
- Mains voltage 220V/50Hz
- Democracy index 5.7
- Population 25570895
- Area 587295
- Driving side right