Context of Estonia

Estonia ( pronunciación ) (en estoniano: Eesti, [ˈeːsti] (AFI)), oficialmente República de Estonia ( pronunciación ) (en estoniano: Eesti Vabariik, [ˈeːsti ˈʋɑbɑriːk] (AFI)), é un dos tres países bálticos. O país atópase na Europa do norte e está constituído por unha porción continental e un grande arquipélago de illas no mar Báltico. Estonia limita polo norte co golfo de Finlandia que o separa da veciña Finlandia. Polo leste o país fai fronteira con Rusia, ao sur con Letonia e ao oeste co mar Báltico, que o separa de Suecia. Estonia ten unha poboación de pouco máis dun millón trescentos mil habitantes, distribuídos ao longo de 45 mil quilómetros cadrados. O país é membro da Unión Europea dende o 1 de maio do ano 2004, da OTAN dende o 29 de marzo do 2004 e da Eurozona dende o 1 de xaneiro de 2011.

Os estonianos son un pobo fínico etnicamente vencellado aos finlandeses e a...Ler máis

Estonia ( pronunciación ) (en estoniano: Eesti, [ˈeːsti] (AFI)), oficialmente República de Estonia ( pronunciación ) (en estoniano: Eesti Vabariik, [ˈeːsti ˈʋɑbɑriːk] (AFI)), é un dos tres países bálticos. O país atópase na Europa do norte e está constituído por unha porción continental e un grande arquipélago de illas no mar Báltico. Estonia limita polo norte co golfo de Finlandia que o separa da veciña Finlandia. Polo leste o país fai fronteira con Rusia, ao sur con Letonia e ao oeste co mar Báltico, que o separa de Suecia. Estonia ten unha poboación de pouco máis dun millón trescentos mil habitantes, distribuídos ao longo de 45 mil quilómetros cadrados. O país é membro da Unión Europea dende o 1 de maio do ano 2004, da OTAN dende o 29 de marzo do 2004 e da Eurozona dende o 1 de xaneiro de 2011.

Os estonianos son un pobo fínico etnicamente vencellado aos finlandeses e aos saamis. O país ten ademais vencellos culturais e históricas cos países nórdicos, particularmente con Finlandia, a Suecia e Dinamarca.

A lingua estoniana fai parte das linguas ugrofinesas grupo que comparte co finés e o húngaro, aínda que difire moito deste. Xunto co finés, o húngaro e o maltés, o estoniano forma o grupo de linguas oficiais da Unión Europea que non teñen orixe indoeuropea.

Durante séculos os estonianos viviron baixo o dominio doutros pobos que ocuparon a súa terra. A noción de país chegou bastante tarde para os estonianos, apenas na metade do século XIX, cun forte crecemento cultural unido ao crecemento da poboación urbana, e á industrialización do país, que favoreceu a unión dos estonianos e ao movemento nacionalista, resultando nun Estado independente, establecido en 1917.

Phrasebook

Beber
Joo
Prohibido
Keelatud
Onde está o baño?
Kus on tualett?
Encantado de coñecerte
Meeldiv tutvuda
Homes
Mehed
Como te chamas?
Mis su nimi on?
Síntoo
mul on kahju
Mulleres
Naised
Cervexa
Õlu
Por favor
Palun
Empurrón
Push
Entrada
Sissepääs

Where can you sleep near Estonia ?

Booking.com
8.832.848 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 302 visits today.