Context of Benín

Benín (en francés: Bénin), oficialmente República de Benín (en francés: République du Bénin) e antigamente Dahomey, é un país de África Occidental. Limita ó oeste con Togo, ó leste por Nixeria e ó norte por Burkina Faso e Níxer. A maioría da poboación vive na súa reducida liña costeira no golfo de Benín, parte do golfo da Guinea, na zona máis ó norte do Océano Atlántico tropical. A capital de Benín é Porto Novo, pero a sede do goberno está en Cotonou, a meirande cidade e o centro económico do país. Benín abrangue unha área de aproximadamente 115 000 km², cunha poboación aproximada de 9,98 millóns. Benín é unha nación tropical da África subsahariana moi dependente da agricultura.

A lingua oficial de Benín é o francés. Porén, as linguas indíxenas como o fon e o yoruba son faladas de xeito común. O meirande grupo relixioso é o catolicismo, seguido de preto polo islam, o vodú e o...Ler máis

Benín (en francés: Bénin), oficialmente República de Benín (en francés: République du Bénin) e antigamente Dahomey, é un país de África Occidental. Limita ó oeste con Togo, ó leste por Nixeria e ó norte por Burkina Faso e Níxer. A maioría da poboación vive na súa reducida liña costeira no golfo de Benín, parte do golfo da Guinea, na zona máis ó norte do Océano Atlántico tropical. A capital de Benín é Porto Novo, pero a sede do goberno está en Cotonou, a meirande cidade e o centro económico do país. Benín abrangue unha área de aproximadamente 115 000 km², cunha poboación aproximada de 9,98 millóns. Benín é unha nación tropical da África subsahariana moi dependente da agricultura.

A lingua oficial de Benín é o francés. Porén, as linguas indíxenas como o fon e o yoruba son faladas de xeito común. O meirande grupo relixioso é o catolicismo, seguido de preto polo islam, o vodú e o protestantismo. Benín é membro das Nacións Unidas, da Unión Africana, da Organización para a Cooperación Islámica, da Zona de Paz e Cooperación do Atlántico Sur, da Francophonie, da Comunidade dos Estados do Sahel-Sahara e da Autoridade da Conca do Níxer.

Dende o século XVII até o XIX, as principais entidades políticas na área foron o Reino de Dahomey xunto coa cidade estado de Porto Novo e unha grande área con moitas tribos diferentes no norte. Esta rexión era chamada a Costa dos escravos a comezos do século XVII por mor do grande número de escravos que eran levados cara ao Novo Mundo polo comercio atlántico. Despois da abolición da escravitude, Francia tomou o país e renomeouno como Dahomey Francés. En 1960, Dahomey acadou a independencia plena de Francia, e viviu un período tumultuoso con varios gobernos democráticos, golpes de estado e gobernos militares.

Un estado marxista-leninista chamado República Popular de Benín existiu entre 1975 e 1990. En 1991, foi substituído pola actual República multipartidista.

Where can you sleep near Benín ?

Booking.com
490.285 visits in total, 9.200 Points of interest, 404 Destinos, 53 visits today.