Context of Val de Arán

O Val de Arán (en aranés e oficialmente: Val d'Aran, en catalán: Vall d'Aran), ou simplemente Arán, é un val localizado no noroeste de Cataluña. Administrativamente é unha entidade territorial singular, considerada realidade nacional occitana, que ata 2015 foi unha comarca. A súa capital é Vielha e ten goberno autónomo, o Consello Xeral de Arán, en virtude da Lei 16/1990 sobre o réxime especial do Val de Arán, actualizada coa nova lei 1/2015.

Limita ao norte co departamento francés da Alta Garona, ao suroeste coa provincia aragonesa de Huesca, ao sur coa comarca catalá da Alta Ribagorça e ao leste coa do Pallars Sobirà. Conta cunha poboación de 10.295 habitantes (2009).

Ten a súa lingua propia, o aranés, unha variedade occitana do grupo gascón, que é a lingua oficial xunto co catalán e o castelán. A súa festa nacional é o 17 de xuño.

Where can you sleep near Val de Arán ?

Booking.com
491.592 visits in total, 9.211 Points of interest, 405 Destinos, 64 visits today.