Bélxica

Trougnouf (Benoit Brummer) - CC BY 4.0 Lorenae - CC BY-SA 3.0 Michiel Hendryckx - CC BY-SA 4.0 Elke Wetzig (elya) - CC BY-SA 3.0 https://www.flickr.com/photos/jiuguangw/ - CC BY-SA 2.0 Michael Kramer - CC BY-SA 3.0 Steve Collis from Melbourne, Australia - CC BY 2.0 Unknown authorUnknown author - CC BY-SA 4.0 Inoue-hiro - CC BY-SA 3.0 Motorsportvereniging Mike the Bike, Weert - CC BY-SA 3.0 Wolfgang Staudt from Saarbruecken, Germany - CC BY 2.0 Debonne, Vincent - CC BY 4.0 Pbrundel - CC BY-SA 3.0 Pbrundel - CC BY-SA 3.0 Evangelidis - CC BY 3.0 Ken Eckert - CC BY-SA 4.0 Alma Craioveanu - CC BY-SA 4.0 Lorenae - CC BY-SA 3.0 Visitlimburg.be - CC BY-SA 4.0 Benh LIEU SONG - CC BY-SA 3.0 Wolfgang Staudt - CC BY 2.0 Wernervc - CC BY-SA 3.0 Evangelidis - CC BY 3.0 User:Jérôme - CC BY-SA 3.0 Fred Romero from Paris, France - CC BY 2.0 Moyaertsd - CC BY-SA 4.0 Pbrundel - CC BY-SA 3.0 Marc Ryckaert - CC BY 2.5 Johan Bakker - CC BY-SA 3.0 Hans Hillewaert - CC BY-SA 3.0 Lennart Tange - CC BY 2.0 Trougnouf (Benoit Brummer) - CC BY 4.0 Pbrundel - CC BY-SA 3.0 Sébastien Santoro aka Dereckson - CC BY 3.0 Evangelidis - CC BY 3.0 Sébastien Santoro aka Dereckson - CC BY 3.0 Ad Meskens - CC BY-SA 3.0 BUFO8 - CC BY-SA 3.0 Debonne, Vincent - CC BY 4.0 Wolfgang Staudt - CC BY 2.0 Moyaertsd - CC BY-SA 4.0 Dominique Uyttenhove - CC BY-SA 4.0 Inoue-hiro - CC BY-SA 3.0 Hans Erren - CC BY-SA 4.0 Jean-Pol GRANDMONT - CC BY 2.5 Remi Jouan - CC BY-SA 3.0 Joris Van Grieken at en.wikipedia - Public domain No images

Context of Bélxica

Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Belgien [ˈbɛlɡiən] , en francés: Belgique [bɛlʒik] , en neerlandés: België [ˈbɛl.ɣi.jə] ), oficialmente Reino de Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Königreich Belgien, en francés: Royaume de Belgique, en neerlandés: Koninkrijk België), é unha monarquía parlamentaria situada en Europa Noroccidental, que fai fronteira cos Países Baixos, Alemaña, Luxemburgo e Francia. É un dos membros fundadores da Unión Europea cuxas institucións principais están hospedadas no país, así como moitas outras organizacións internacionais, como a OTAN. O territorio belga espállase ao longo de 30.528 km², onde viven un pouco máis de 11 millóns de habitantes, o que fai de Bélxica un dos países máis densamente poboados do mundo.

O país atópase na encrucillada entre os límites da Europa xermánica coa latina. Nel habitan...Ler máis

Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Belgien [ˈbɛlɡiən] , en francés: Belgique [bɛlʒik] , en neerlandés: België [ˈbɛl.ɣi.jə] ), oficialmente Reino de Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Königreich Belgien, en francés: Royaume de Belgique, en neerlandés: Koninkrijk België), é unha monarquía parlamentaria situada en Europa Noroccidental, que fai fronteira cos Países Baixos, Alemaña, Luxemburgo e Francia. É un dos membros fundadores da Unión Europea cuxas institucións principais están hospedadas no país, así como moitas outras organizacións internacionais, como a OTAN. O territorio belga espállase ao longo de 30.528 km², onde viven un pouco máis de 11 millóns de habitantes, o que fai de Bélxica un dos países máis densamente poboados do mundo.

O país atópase na encrucillada entre os límites da Europa xermánica coa latina. Nel habitan dous grupos lingüísticos diferentes: os flamengos, de orixe xermánica, e mailos francófonos, de orixe latina. Xunto a estes existe unha pequena minoría de lingua alemá. Así, Bélxica atópase dividida en tres rexións. As dúas meirandes rexións son a de Flandres, de fala neerlandesa, e a de Valonia, de fala francesa. A primeira, a máis poboada, atópase localizada no norte. Nela vive o 59% da poboación belga. A segunda atópase no sur e nela vive o 31% da poboación. A terceira, Bruxelas-Capital, oficialmente bilingüe, acolle a capital do país. Malia atoparse dentro da rexión flamenga, trátase dun enclave maioritariamente francófono. Nela vive o 10% da poboación. A diversidade lingüística de Bélxica e os conflitos culturais e políticos relacionados con ela reflíctense na historia política e mais no seu complexo sistema de goberno do país.

Bélxica recibe o seu nome do nome latino da parte máis setentrional da Galia, Gallia Belgica, cuxo nome procede dun grupo de tribos celtas, os belgas. Historicamente, Bélxica fixo parte dos Países Baixos, que tamén comprenden os actuais Países Baixos e Luxemburgo, e cubrían unha rexión algo maior que o actual Benelux. Dende final da Idade Media ata o século XVII, foi un florecente centro de comercio e cultura. Dende o século XVIII ata a Revolución belga de 1830, Bélxica, naquela época chamada os Países Baixos do Sur, foi o lugar de moitas batallas entre os poderes europeos, e é por iso que se gañou os alcumes de "o campo de batalla de Europa".

More about Bélxica

Basic information
  • Currency Euro
  • Calling code +32
  • Internet domain .be
  • Mains voltage 230V/50Hz
  • Democracy index 7.51
Population, Area & Driving side
  • Population 11584008
  • Area 30528
  • Driving side right

Where can you sleep near Bélxica ?

Booking.com
8.842.865 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 4.321 visits today.