Context of Arabia Saudita

Arabia Saudita (en árabe: السعودية, as-Suʻūdiyya), oficialmente Reino de Arabia Saudita (en árabe: المملكة العربية السعودية , al-Mamlaka al-ʻArabiyya as-Suʻūdiyya) é un país situado na Península de Arabia. É o segundo meirande dos países árabes, detrás de Alxeria, cunha área de 2 150 000 km<sup2 que abrangue case toda a Península Arábiga. Fai fronteira con Iraq e Xordania polo norte, Kuwait polo noroeste, Qatar, Bahrain e os Emiratos Árabes Unidos polo leste, Omán polo sueste e Iemen polo sur. É o único país con costa no Mar Vermello e no Golfo Pérsico.

Antes do establecemento do Reino de Arabia Saudita, o estado moderno estaba formado por catro rexións distintas: Hejaz, Najd e partes de Arabia Oriental (Al-Hasa) e Arabia Meridional ('Asir). O Reino de Arabia Saudita foi fundado en 1932 por Ibn Saud; el uniu os catro reinos nun só estado nunha serie de conquistas que comezaron en 1902 coa captura de Riad, o fogar ancestral...Ler máis

Arabia Saudita (en árabe: السعودية, as-Suʻūdiyya), oficialmente Reino de Arabia Saudita (en árabe: المملكة العربية السعودية , al-Mamlaka al-ʻArabiyya as-Suʻūdiyya) é un país situado na Península de Arabia. É o segundo meirande dos países árabes, detrás de Alxeria, cunha área de 2 150 000 km<sup2 que abrangue case toda a Península Arábiga. Fai fronteira con Iraq e Xordania polo norte, Kuwait polo noroeste, Qatar, Bahrain e os Emiratos Árabes Unidos polo leste, Omán polo sueste e Iemen polo sur. É o único país con costa no Mar Vermello e no Golfo Pérsico.

Antes do establecemento do Reino de Arabia Saudita, o estado moderno estaba formado por catro rexións distintas: Hejaz, Najd e partes de Arabia Oriental (Al-Hasa) e Arabia Meridional ('Asir). O Reino de Arabia Saudita foi fundado en 1932 por Ibn Saud; el uniu os catro reinos nun só estado nunha serie de conquistas que comezaron en 1902 coa captura de Riad, o fogar ancestral da súa familia, a Casa de Saud. Dende entón, o estado é unha monarquía absoluta de liñas islámicas, principalmente baixo a influencia do wahhabismo. Arabia Saudita é chamada "a Terra das Dúas Mesquitas Sagradas", en referencia a Al-Masjid al-Haram (na Meca), e Al-Masjid an-Nabawi (en Medina), os dous lugares máis sagrados do islam. O Reino ten unha poboación de 28,7 millóns, dos cales 20 millóns son sauditas e 8 millóns son estranxeiros.

Arabia Saudita é o maior produtor e exportador de petróleo do mundo, e controla a segunda maior reserva de hidrocarburos. Debido ós seus recursos enerxéticos, o reino caracterízase pola súa economía de gran crecemento e por ser o único país árabe que forma parte das economías G20. Tamén é destacable que a súa economía é a menos diversificada do GCC. O país ten un alto Índice de Desenvolvemento Humano (IDH). Está gobernado por un "réxime autoritario" e está clasificado como "Non Libre" pola Freedom House. É o cuarto país do mundo en gasto militar. É membro activo da Consello de Cooperación para os Estados Árabes do Golfo, da Organización para a Cooperación Islámica e da OPEP.

More about Arabia Saudita

Basic information
  • Calling code +966
  • Internet domain .sa
  • Mains voltage 230V/60Hz
  • Democracy index 2.08
Population, Area & Driving side
  • Population 791105
  • Area 2250000
  • Driving side right

Where can you sleep near Arabia Saudita ?

Booking.com
493.179 visits in total, 9.217 Points of interest, 405 Destinos, 80 visits today.