Context of Antiga e Barbuda

Antiga e Barbuda (en inglés: Antigua and Barbuda) é un país situado ó leste do mar Caribe, en América Central, e que forma parte das Antillas Menores. Antiga e Barbuda está formada principalmente polas dúas illas de Antiga, Barbuda e illas pequenas como Redonda, Great Bird, Green, Guiana, Long, Maiden e York Islands. No ano 2019, a poboación permanente do país roldaba as 97 120 persoas, cun 97% delas residindo na illa de Antiga. A capital e meirande cidade e porto é Saint John's, en Antiga, sendo Codrington a vila máis grande de Barbuda. Situadas unha preto da outra, Antiga e Barbuda atópanse no medio das Illas de Sotavento, parte das Antillas Menores, aproximadamente a 17° N do ecuador.

A illa Antiga foi explorada por Cristovo Colón en 1493, quen a nomeou na honra da igrexa de Santa María La Antigua. Antiga foi colonizada polos británicos en 1632, e a illa de Barbuda foi colonizada por primeira vez en 1678. Formando parte da Colonia Federa...Ler máis

Antiga e Barbuda (en inglés: Antigua and Barbuda) é un país situado ó leste do mar Caribe, en América Central, e que forma parte das Antillas Menores. Antiga e Barbuda está formada principalmente polas dúas illas de Antiga, Barbuda e illas pequenas como Redonda, Great Bird, Green, Guiana, Long, Maiden e York Islands. No ano 2019, a poboación permanente do país roldaba as 97 120 persoas, cun 97% delas residindo na illa de Antiga. A capital e meirande cidade e porto é Saint John's, en Antiga, sendo Codrington a vila máis grande de Barbuda. Situadas unha preto da outra, Antiga e Barbuda atópanse no medio das Illas de Sotavento, parte das Antillas Menores, aproximadamente a 17° N do ecuador.

A illa Antiga foi explorada por Cristovo Colón en 1493, quen a nomeou na honra da igrexa de Santa María La Antigua. Antiga foi colonizada polos británicos en 1632, e a illa de Barbuda foi colonizada por primeira vez en 1678. Formando parte da Colonia Federal das Illas de Sotavento dende 1871, Antiga e Barbuda uniuse á Federación das Indias Occidentais en 1958. Coa ruptura da federación, converteuse nun dos Estados Asociados das Indias Occidentais en 1967. Despois de coseguir o autogoberno nos seus asuntos internos, a independencia foi concedida polo Reino Unido o 1 de novembro de 1981. Antiga e Barbuda é membro da Commonwealth e Carlos III é o rei e xefe de estado do país.

A economía de Antiga e Barbuda depende especialmente do turismo, que representa o 80% do PIB. Do mesmo xeito que outras nacións insulares, Antiga e Barbuda é particularmente vulnerable aos efectos do quecemento global, como o aumento do nivel do mar e o aumento da intensidade do tempo extremo como os furacáns, que teñen impactos directos na illa pola erosión costeira, a escaseza de auga e outros desafíos. A partir de 2019, Antiga e Barbuda ten unha taxa de imposto sobre a renda individual do 0 %, ao igual que o veciño Saint Kitts e Nevis.

1 things to do in Antiga e Barbuda

Where can you sleep near Antiga e Barbuda ?

Booking.com
489.990 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 39 visits today.