Context of Cuba

Cuba (oficialmente República de Cuba) é un país situado na illa de mesmo nome, localizada no norte do mar Caribe. A nación de Cuba abrangue a illa homónima, a Illa da Juventud, e varios arquipélagos. A súa capital e meirande cidade é A Habana. A segunda maior cidade é Santiago de Cuba. Limita cos EUA polo norte, coas Bahamas e Turks e Caicos polo nordeste, con México polo oeste, coas Illas Caimán e Xamaica polo sur, e con Haití e República Dominicana polo sueste.

A illa de Cuba estivo habitada por varias tribos mesoamericanas antes da chegada do explorador Cristovo Colón en 1492, quen reclamou a terra para o Reino de España. Cuba permaneceu como colonia de España ata a guerra hispano-estadounidense de 1898. Posteriormente foi administrada polos Estados Unidos ata que obtivo a independencia en 1902. A fráxil república enfrontouse á radicalización política e a problemas sociais, e malia os esforzos de sustentar un sistema democrático, Cuba c...Ler máis

Cuba (oficialmente República de Cuba) é un país situado na illa de mesmo nome, localizada no norte do mar Caribe. A nación de Cuba abrangue a illa homónima, a Illa da Juventud, e varios arquipélagos. A súa capital e meirande cidade é A Habana. A segunda maior cidade é Santiago de Cuba. Limita cos EUA polo norte, coas Bahamas e Turks e Caicos polo nordeste, con México polo oeste, coas Illas Caimán e Xamaica polo sur, e con Haití e República Dominicana polo sueste.

A illa de Cuba estivo habitada por varias tribos mesoamericanas antes da chegada do explorador Cristovo Colón en 1492, quen reclamou a terra para o Reino de España. Cuba permaneceu como colonia de España ata a guerra hispano-estadounidense de 1898. Posteriormente foi administrada polos Estados Unidos ata que obtivo a independencia en 1902. A fráxil república enfrontouse á radicalización política e a problemas sociais, e malia os esforzos de sustentar un sistema democrático, Cuba caeu baixo a ditadura militar de Fulgencio Batista en 1952. O crecemento do malestar e da inestabilidade deron paso ó derrocamento de Batista en xaneiro de 1959 polo Movemento do 26 de xullo, que estableceu un goberno socialista liderado por Fidel Castro. Dende ]]1965]] o país estivo gobernado polo Partido Comunista como un estado unipartidista.

Cuba é a meirande illa do Caribe, e cunha poboación de 11 millóns de habitantes, é a segunda illa máis poboada despois da Española. É un país multiétnico en que o seu pobo, cultura e costumes teñen diversas orixes. Estas inclúen os aborixes taínos e ciboney, o longo período de colonialismo español e a introdución de escravos procedentes de África. A estreita relación coa Unión Soviética durante a guerra fría e a proximidade xeográfica cos Estados Unidos tamén exercen unha importante influencia sobre o país.

Cuba ten unha alta clasificación nos indicadores de saúde e educación, cun elevado Índice de Desenvolvemento Humano de 0.783 no 2019. Segundo os datos das Nacións Unidas, Cuba foi a única nación do mundo que conseguiu no 2006 a definición que o Fondo Mundial para a Natureza fai do desenvolvemento sustentábel, cunha pegada ecolóxica de menos de 1,8 hectáreas per capita, (no 2006 de 1,5 hectáreas), e cun IDH de máis de 0.855.

More about Cuba

Basic information
  • Native name Cuba
  • Calling code +53
  • Internet domain .cu
  • Mains voltage 110V/60Hz
  • Democracy index 2.84
Population, Area & Driving side
  • Population 10985974
  • Area 109884
  • Driving side right

Phrasebook

Ola
Hola
mundo
Mundo
Ola mundo
Hola Mundo
Grazas
Gracias
Adeus
Adiós
Si
Non
No
Como estás?
¿Cómo estás?
Ben, grazas
Bien, gracias
Canto custa?
¿Cuánto cuesta?
Cero
Cero
Un
Una

Where can you sleep near Cuba ?

Booking.com
487.365 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 50 visits today.