David (Michelangelo)

O David é unha escultura de mármore branco de 5,17 metros de altura (que inclúe o basamento de 107 cm) e 5572 quilogramos de masa, realizada por Michelangelo Buonarroti entre 1501 e 1504 por encarga da Opera del Duomo da catedral de Santa María del Fiore de Florencia. A escultura representa ao rei David bíblico no momento previo a enfrontarse con Goliat, e foi acollida coma un símbolo da República de Florencia fronte á hexemonía dos seus derrocados dirixentes, os Medici, e a ameaza dos estados adxacentes, especialmente os Estados Pontificios.

O David é unha das obras mestras do Renacemento segundo a maioría dos historiadores, e unha das esculturas máis famosas do mundo que, acotío, serve para representar tanto a Florencia como á propia Italia. Desde 1873 atópase exposta na Galería da Academia de Florencia, aínda que até ese ano estivo situada na Piazza della Signoria da capital toscana como símbolo da República florentina, se...Ler máis

O David é unha escultura de mármore branco de 5,17 metros de altura (que inclúe o basamento de 107 cm) e 5572 quilogramos de masa, realizada por Michelangelo Buonarroti entre 1501 e 1504 por encarga da Opera del Duomo da catedral de Santa María del Fiore de Florencia. A escultura representa ao rei David bíblico no momento previo a enfrontarse con Goliat, e foi acollida coma un símbolo da República de Florencia fronte á hexemonía dos seus derrocados dirixentes, os Medici, e a ameaza dos estados adxacentes, especialmente os Estados Pontificios.

O David é unha das obras mestras do Renacemento segundo a maioría dos historiadores, e unha das esculturas máis famosas do mundo que, acotío, serve para representar tanto a Florencia como á propia Italia. Desde 1873 atópase exposta na Galería da Academia de Florencia, aínda que até ese ano estivo situada na Piazza della Signoria da capital toscana como símbolo da República florentina, sempre alerta e vitoriosa fronte aos inimigos; dende entón no seu lugar eríxese unha copia da obra a tamaño real realizada tamén en mármore.

O David sempre foi considerado coma un "perfecto ideal de beleza masculina no eido artístico, así coma a Venus de Botticelli, considérase o ideal da beleza feminina. Varios artistas e críticos opinan que é o obxecto artístico máis fermoso creado pola humanidade".

Photographies by:
Olivier Bruchez - CC BY-SA 2.0
Statistics: Position
115
Statistics: Rank
732010

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
425796831Click/tap this sequence: 5463
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near David (Michelangelo) ?

Booking.com
9.004.837 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 2.176 visits today.