Copán

Copán é un lugar arqueolóxico da civilización maia que se atopa no departamento de Copán, no oeste de Honduras, non moi lonxe da fronteira con Guatemala. Foi a cidade capital dun gran reino do período clásico entre os séculos V e IX. A cidade atopábase no extremo sueste da rexión cultural mesoamericana, limitando coa rexión cultural do itsmo colombiano, e estaba case toda rodeada por pobos non maias. Neste val fértil hoxe hai unha pequena vila duns 3000 habitantes, un pequeno aeroporto e un camiño.

Copán estivo habitada por máis de dous mil anos, dende o período preclásico temperán até o posclásico. A cidade desenvolveuse cun estilo escultural distintivo dentro da tradición maia das terras baixas, quizais para salientar a etnicidade maia dos gobernantes da cidade.

A cidade contén un rexistro histórico que abrangue gran parte do período clásico e que foi reconstruído en detalle por arqueólogos e epígrafos. Copán foi unha cidade poderosa que gobernaba un amplo rein...Ler máis

Copán é un lugar arqueolóxico da civilización maia que se atopa no departamento de Copán, no oeste de Honduras, non moi lonxe da fronteira con Guatemala. Foi a cidade capital dun gran reino do período clásico entre os séculos V e IX. A cidade atopábase no extremo sueste da rexión cultural mesoamericana, limitando coa rexión cultural do itsmo colombiano, e estaba case toda rodeada por pobos non maias. Neste val fértil hoxe hai unha pequena vila duns 3000 habitantes, un pequeno aeroporto e un camiño.

Copán estivo habitada por máis de dous mil anos, dende o período preclásico temperán até o posclásico. A cidade desenvolveuse cun estilo escultural distintivo dentro da tradición maia das terras baixas, quizais para salientar a etnicidade maia dos gobernantes da cidade.

A cidade contén un rexistro histórico que abrangue gran parte do período clásico e que foi reconstruído en detalle por arqueólogos e epígrafos. Copán foi unha cidade poderosa que gobernaba un amplo reino dentro da área sur maia. A cidade sufriu un gran desastre político no ano 738, cando Uaxaclajuun Ub'aah K'awiil, un dos meirandes reis da historia dinástica de Copán, foi capturado e executado polo seu antigo vasalo, o rei de Quiriguá. Esta inesperada derrota significou un hiato de 17 anos na cidade, e durante este tempo Copán puido ter intercambiado os papeis con Quiriguá.

Unha parte significativa da zona leste da acrópole foi erosionada polo río Copán, aínda que o río foi desviado para protexer o sitio contra un maior dano.

Photographies by:
Statistics: Position
858
Statistics: Rank
127323

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
965723418Click/tap this sequence: 3456

Google street view

Where can you sleep near Copán ?

Booking.com
490.018 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 67 visits today.