El Caracol ou Caracol é o nome dado a un sitio arqueolóxico maia de grandes dimensións, localizado no distrito de Cayo, en Belize. Atópase a uns 40 km ó sur de Xunantunich e San Ignacio Cayo, a unha altitude de 460 m, preto dos montes Maia. O antigo nome maia deste lugar puido ser Oxhuitza.

El Caracol foi ocupada dende 1200 a. C., mais o seu período de maior expansión construtiva corresponde ó período clásico maia, con máis de 40 monumentos datados entre 485 e 889 que rexistran a secuencia dinástica dos seus gobernantes.

A antiga Caracol foi unha das maiores cidades maias, cubrindo uns 168 km², cunha poboación máxima estimada entre os 120 000 e os 180 000 habitantes. Un dos monumentos rexistra unha vitoria militar sobre o exército de Tikal en 562.

O sitio foi descuberto en 1938. Traballos máis extensos foron levados a cabo pola Universidade da Pensilvania en 1951 e 1953. Dende 1985, decorre un proxecto de escavacións ...Ler máis

El Caracol ou Caracol é o nome dado a un sitio arqueolóxico maia de grandes dimensións, localizado no distrito de Cayo, en Belize. Atópase a uns 40 km ó sur de Xunantunich e San Ignacio Cayo, a unha altitude de 460 m, preto dos montes Maia. O antigo nome maia deste lugar puido ser Oxhuitza.

El Caracol foi ocupada dende 1200 a. C., mais o seu período de maior expansión construtiva corresponde ó período clásico maia, con máis de 40 monumentos datados entre 485 e 889 que rexistran a secuencia dinástica dos seus gobernantes.

A antiga Caracol foi unha das maiores cidades maias, cubrindo uns 168 km², cunha poboación máxima estimada entre os 120 000 e os 180 000 habitantes. Un dos monumentos rexistra unha vitoria militar sobre o exército de Tikal en 562.

O sitio foi descuberto en 1938. Traballos máis extensos foron levados a cabo pola Universidade da Pensilvania en 1951 e 1953. Dende 1985, decorre un proxecto de escavacións arqueolóxicas e restauración das estruturas antigas de El Caracol, baixo a dirección de arqueólogos da Universidade de Florida Central.

Photographies by:
Charlemagne at Dutch Wikipedia - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
1679
Statistics: Rank
73512

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
153687249Click/tap this sequence: 4817

Google street view

Where can you sleep near El Caracol ?

Booking.com
487.425 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 51 visits today.