Ruta Jacobea Primitiva

( Camiño Primitivo )

O Camiño Primitivo ou Ruta Xacobea Primitiva, un dos diferentes Camiños de Santiago, comunica a cidade de Oviedo con Santiago de Compostela, cun percorrido total de 343 km . A Xunta de Galicia dálle tamén o nome de Camiño de Santiago do Norte-Ruta Interior .

O cualificativo de Primitivo débese a que foi a ruta utilizada no século IX polo rei Afonso II de Oviedo (Afonso II o Casto) cando coñeceu a noticia do descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago. Trala visita ó sepulcro e a confirmación real de que se trataba dos restos do Apóstolo, mandou construír unha capela no lugar que, tras sucesivas reformas e reconstrucións, converteuse na actual Catedral de Santiago. En conmemoración deste feito, no ano 2010 colocouse na catedral de Oviedo unha placa con esta inscrición:

A maiores, outorgou doazóns e promoveu a creación dunha comunidade monástica que atendese a nova igrexa de Santiago e fomentou...Ler máis

O Camiño Primitivo ou Ruta Xacobea Primitiva, un dos diferentes Camiños de Santiago, comunica a cidade de Oviedo con Santiago de Compostela, cun percorrido total de 343 km . A Xunta de Galicia dálle tamén o nome de Camiño de Santiago do Norte-Ruta Interior .

O cualificativo de Primitivo débese a que foi a ruta utilizada no século IX polo rei Afonso II de Oviedo (Afonso II o Casto) cando coñeceu a noticia do descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago. Trala visita ó sepulcro e a confirmación real de que se trataba dos restos do Apóstolo, mandou construír unha capela no lugar que, tras sucesivas reformas e reconstrucións, converteuse na actual Catedral de Santiago. En conmemoración deste feito, no ano 2010 colocouse na catedral de Oviedo unha placa con esta inscrición:

A maiores, outorgou doazóns e promoveu a creación dunha comunidade monástica que atendese a nova igrexa de Santiago e fomentou, a partir de entón, as peregrinacións ó Apóstolo.

Ata que ben entrado o século X non se asegura a conquista do norte da península, o Camiño Primitivo foi o itinerario seguido polos peregrinos do norte español e europeos. A partir dos séculos X e XI foi entrando en declive ó ser substituído polo Camiño Francés. Aínda así, mantivo sempre certa relevancia polo interese dos peregrinos en visitar as reliquias da catedral de Oviedo: moitos dos que viñan polo Camiño Francés se desviaban en León para visitar a catedral do Salvador e recuperaban logo a peregrinación a Santiago seguindo o Camiño Primitivo, como recolle o dito popular Quen vai a Santiago e non ó Salvador, serve ó criado e esquece ó Señor. Tamén se deu a alternativa de tomar esta desviación no camiño de regreso desde Santiago.

Con este Camiño Primitivo enlazan o Camiño do Norte, que viña de Irún a Santiago bordeando a costa cantábrica, e o Camiño de Santiago Real, que subía desde León ata Oviedo.

Nos últimos anos, os gobernos asturiano e galego esforzáronse en crear e manter camiños para os peregrinos así como na sinalización e na dotación de albergues. Aínda así, estes últimos son escasos (1-2 cada tramo de 15–25 km) excepto o comprendido entre Lugo e Melide.

O número de peregrinos que percorre esta ruta é reducido aínda que se observa un leve incremento ano tras ano. Segundo as estatísticas publicadas pola Oficina do Peregrino, ocupa o cuarto lugar en número de peregrinos, con 12.098 en 2016 .

Photographies by:
Statistics: Position
3615
Statistics: Rank
31651

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
485672319Click/tap this sequence: 5663

Google street view

Where can you sleep near Camiño Primitivo ?

Booking.com
489.963 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 12 visits today.