Santa María del Naranco
( Santa María do Naranco )Santa María do Naranco (en asturiano: Ilesia de Santa María'l Narancu) é unha igrexa prerrománica de estilo asturiano ou ramirense. Foi construída orixinariamente coma palacio polo monarca Ramiro I de Oviedo no 842, formando parte dun conxunto palacial no monte Naranco, e reconvertida a igrexa probablemente no século XII. Está situada na aba sur do Naranco, a tres quilómetros de Oviedo, en Asturias.
En 1885 foi declarada, xunto con San Miguel de Lillo, como monumentos nacionais; e levouse a cabo a restauración do monumento entre 1929-1934 dirixida por Luis Menéndez Pidal, que recupera o aspecto actual. En 1985, foi declarada, como parte do prerrománico asturiano, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Construída por Ramiro I como palacio, ou Aula Rexia, formaba parte dun conxunto de edificios reais máis amplo que contaba tamén coa igrexa de San Miguel de Lillo,[1] que está a 100 m de distancia.
O seu carácter de edificio civil mudou no século XII pois tralo derrubamento da cabeceira e parte das naves de San Miguel de Lillo, será transformada en igrexa, como queda rexistrado na crónica silense en 1015, que xa a denomina templo de Santa María. No seu altar, unha inscrición en latín indica a data da consagración:(...) Per Famulum Tuum Ranimirum. Principe Gloriosum Cum Paterna Regina Coniuge Renovasti Hoc Habitaculum Nimia. Vetustate Consumptvm Et Pro Eis Aedificasti Hanc Haram Benedictionis Gloriosae. Sanctae Mariae In Locum Hunc Summum Exaudi Eos De Caelorum Habitaculo Tuo Et. (...) Die VIIIIo Kalendas Iulias Era DCCCLXXXVIA[2]
↑ Gallego García (2009), p. 148. ↑ De Selgas (1909), p. 18
Engadir un novo comentario