Cádiz é unha cidade e municipio español do sur da península Ibérica, capital da provincia de Cádiz, en Andalucía. Xunto cos concellos de San Fernando, Puerto Real, El Puerto de Santa María, Chiclana de la Frontera, Rota e Xerez da Fronteira forma a Mancomunidade da Baía de Cádiz, terceira área metropolitana de Andalucía por poboación e unha das máis activas, económica e industrialmente, desa mesma comunidade autónoma.
Cidade de interese turístico pola súa longa e influente historia de 3.100 anos, tivo importancia en procesos coma as guerras púnicas, a romanización de Hispania, o descubrimento de América ou a instauración do réxime liberal en España. Toda a cidade presenta numerosas prazas, xardíns, igrexas etc, que constantemente o rememoran.
O conxunto Cádiz-San Fernando está separado da Península polo Caño de Sancti Petri. Historicamente foi desde un pequeno arquipélago a unha illa, situación na que se debate se aínda se atopa nela. Esta ...Ler máis
Cádiz é unha cidade e municipio español do sur da península Ibérica, capital da provincia de Cádiz, en Andalucía. Xunto cos concellos de San Fernando, Puerto Real, El Puerto de Santa María, Chiclana de la Frontera, Rota e Xerez da Fronteira forma a Mancomunidade da Baía de Cádiz, terceira área metropolitana de Andalucía por poboación e unha das máis activas, económica e industrialmente, desa mesma comunidade autónoma.
Cidade de interese turístico pola súa longa e influente historia de 3.100 anos, tivo importancia en procesos coma as guerras púnicas, a romanización de Hispania, o descubrimento de América ou a instauración do réxime liberal en España. Toda a cidade presenta numerosas prazas, xardíns, igrexas etc, que constantemente o rememoran.
O conxunto Cádiz-San Fernando está separado da Península polo Caño de Sancti Petri. Historicamente foi desde un pequeno arquipélago a unha illa, situación na que se debate se aínda se atopa nela. Esta particularidade fai difícil definir a súa condición xeográfica. Hoxe en día recibe un plan de tratamento insular. É coñecida popularmente como a Tacita de Plata.
Fundada por navegantes fenicios de Tiro, foi estabelecida co nome de Gdr (גדר), sobre o que outrora era un pequeno arquipélago (formado polas ilas: Erytheia, Antípolis e Kotinousa), que na actualidade corresponde ao conxunto Cádiz-San Fernando, para explotaren as ricas rutas atlánticas do estaño, do cobre e o mercado tarteso-turdetano. Foi coñecida polos gregos como τὰ Γάδειρα, Gádeira e polos romanos como Gades. Case todos os historiadores que trataron da fundación de Cádiz, preséntannos a lenda de Hércules vencendo ao xigante tricéfalo Xerión, un dos reis lendarios de Turtesis, fillo de kallirhõe e de khrysaor, que vivía na illa Erytheia. A cidade era tamén denominada Eritheya, debido aos tirios primitivos, antepasados dos cartaxineses, que dicían proceder do Eriteu ou Mar Vermello. Segundo Timaeus a illa maior chamábase Kotinusa (Cotinusa), onde abundaban as oliveiras. Os romanos chamábana Tartesis (Turtesis); os cartaxineses Gadir, palabra da lingua púnica que quere dicir muro, cerca, fortaleza. Nas fontes de que se vale Pomponio Mela, sitúase a illa Eritheya non en Cádiz, senón na Lusitania Romana, no que hoxe é a Comarca de Niebla, Huelva.
A cidade tiña diversos templos dedicados a Melkart (asimilado a Hércules), Cronos etc. O máis importante de todos foi coñecido na antigüidade como santuario de Hércules ou Herakleión, situado no que actualmente é o illote de Sancti Petri. Á parte de servir de culto, probabelmente nel se auspiciaban numerosos acordos comerciais coa deidade como testemuña. O templo de Cronos, consonte a tradición clásica, encontrábase onde hoxe está o castelo de San Sebastián, sito nun dos extremos de La Caleta, sobre un pequeno illote. Outras versións sitúan alí un lume sagrado dedicado a Afrodita, pois durante unha época o illote foi denominado Afrodisia.
Arredor do 500 a.C., Cádiz caeu baixo dominio de Cartago, conservando o seu carácter fenicio.
Durante a terceira guerra púnica, Cádiz rendeuse aos romanos no 206 a.C., que foron recibidos como vencedores. Foi coñecida por eles como Gades, oficialmente Augusta Urbs Iulia Gaditana, vivindo unha época florecente ao converterse nun importante porto e base naval. Durante Augusto a cidade tiña máis de quiñentos equites (un estamento social romano), unha elevada cantidade de notabilidades comparábel á de Padua ou mesmo Roma. Porén, a decadencia do Imperio romano afectou tamén a Cádiz, que perdeu importancia.
Idade MediaA chegada dos visigodos a Hispania ocasionou a destrución da cidade, feito polo cal hoxe é escaso o número de restos da urbe orixinaria.
Baixo dominio islámico, entre o 711 e o 1262, a cidade foi denominada Qādis (en árabe قادس), de onde procede o actual nome de Cádiz. Foi o rei Afonso X o Sabio quen a conquistou para os cristiáns en 1262.
Nesa data comezou a repoboación de Cádiz con xentes vindas do Norte da península; en 1264 reforzouse esta repoboación con persoas de Santander, Laredo e Castro Urdiales principalmente. Desde a súa reconquista, Cádiz sempre gozou de privilexios, coma os concedidos por Xoan I de Castela en 1385, polos que quedaba exenta de pagar á coroa o Imposto de Almirantádego e Ancoraxe. Durante as décadas seguintes acrecentáronse os privilexios concedidos cos sucesivos monarcas cristiáns. Un dos máis importantes foi o Privilexio Rodado entregado a Cádiz e conservado hoxe en día no Arquivo Municipal da cidade.
De Cádiz partiu Cristovo Colón na súa segunda e cuarta viaxe ás Indias. No ano 1509 adquire o dereito de rexistraren as naves de Indias e máis tarde o de desembarcar produtos das Antillas. En 1535 fundouse aquí o Xulgado de Indias, que permitía eludir o control que exercía a Casa de Contratación de Sevilla no comercio con América.
En 1553 o pirata Barbarroxa (خير الدين, Jayr al-Din), tentou apoderarse da cidade que foi defendida con axuda do xenovés Andrea Doria. En 1587 sufriu o saqueo do inglés Francis Drake; en 1596 o da escuadra anglo-holandesa a mando do conde de Essex, o que motivou a súa posterior fortificación. Os ingleses pediron rescate pola maioría da poboación escollendo reféns entre os cidadáns máis salientes. En 1625 Lord Wimbledon foi repelido a pesar da súa superioridade. En 1702 a Baía de Cádiz foi testemuña de novos enfrontamentos navais. O Príncipe de Darmstadt, en plena Guerra de Sucesión española, en nome do pretendente austríaco, asalta Rota e El Puerto de Santa María. En 1717 trasladouse para Cádiz a Casa de Contratación, arrebatándolle a Sevilla o control do monopolio comercial con América (xa desde 1680 Cádiz era a cabeceira real dese comercio), o que xunto coa política liberalizadora dos primeiros Borbóns favoreceu a formación dunha burguesía gaditana, epicentro dunha cidade cosmopolita.
No período da Ilustración a cidade conta cunha «Casa de la Camorra», antecedente do posterior Ateneo Literario Artístico y Científico fundado en 1858. En 1755 o maremoto posterior ao terremoto de Lisboa azoutou a cidade, provocando grandes danos.
Idade Contemporánea Século XIXO 21 de outubro de 1805 partiu de Cádiz o combinado naval hispano-francés para enfrontarse contra a escuadra inglesa a mando de Horacio Nelson, cuxa vitoria no cabo de Trafalgar puxo fin a unha brillante tradición marítima española.
Durante a invasión napoleónica, Cádiz resistiu o asedio francés. En 1811 reuníronse na cidade deputados de todos os territorios da monarquía (incluíndo as colonias de Hispanoamérica e Filipinas) para redactaren a Constitución de España. Finalmente aprobouse no Oratorio de San Felipe Neri a primeira constitución española en 1812. Tería marcado carácter liberal e foi abolida máis tarde por Fernando VII. En 1823, logo dun novo paréntese liberal, con axuda dos Cen Mil Fillos de San Luís restabelécese o absolutismo borbónico. Cádiz foi, de novo, cercada e bombardeada. A resistencia foi moi forte e os franceses non puideron tomar a cidade. Durante o asedio creouse o canal de Cortadura para impedir que a artillería francesa bombardeara Cádiz a pracer. A situación dos cercados era desesperada pois non acudían reforzos de ningures. Ao final acordouse un pacto: Fernando VII, que era un refén dentro da cidade, sairía e prometería defender as liberdades alcanzadas polos españois coa Constitución de 1812, e en troca Cádiz se rendería. Acordado así cos franceses, Fernando VII saíu da cidade, pero de forma inmediata uniuse ao invasor, e no mesmo día 1 de outubro de 1823 decretou a abolición de cantas normas xurídicas foran aprobadas durante o Trienio liberal.
A actual illa de Trocadero, no termo municipal de Puerto Real, da seu nome a unha praza de París, precisamente por ter sido o lugar da vitoria dos Cen Mil Fillos de San Luís. Na actualidade fican os restos do castelo de San Luís, emprazados xusto ao Sur de Puente Carranza.
En 1868 produciuse en Cádiz o levantamento de Juan Bautista Topete, iniciando a Revolución liberal que expulsou á raíña Sabela II do trono e desembocaría na constitución democrático-liberal de 1869. Proclamada en 1873 a Primeira República española, Cádiz constituíuse nun cantón.
Século XXEn 1936, o xeneral José Enrique Varela sublevouse en Cádiz contra a República sumándose ao golpe militar encabezado polo xeneral Francisco Franco en África e exercendo unha dura represión sobre a poboación civil sospeitosa de manterse fiel á legalidade republicana. O xefe dos falanxistas, que conduciron boa parte da represión, era Mora Figueroa.
O 18 de agosto de 1947, ás 21:45, explotou unha polvoreira da Armada que destruíu parte da cidade. As vítimas oficiais cifráronse en 157 mortos e máis de 5.000 feridos. As Puertas de Tierra salvaron o casco antigo, aínda que algúns edificios (como a Catedral e o Gran Teatro Falla), sufriron graves danos. A zona de extramuros quedou demolida case totalmente. Arxentina enviou axuda alimentaria para os superviventes, mais parte desta non chegou nunca a destino.
Durante a ditadura franquista, gobernou a cidade José León de Carranza Gómez-Pablos. Como en tempos pasados Cádiz converteuse nun dos principais focos de axitación política durante a Transición.[Cómpre referencia] Así xunto con Vigo nutriu as fileiras dos GRAPO (Grupos de Resistencia Antifascista Primero de Octubre) a fins da década de 1970 e comezos da de 1980.[Cómpre referencia]
Nesta última década iniciou o seu mandato na alcaldía Carlos Díaz Medina, polo Partido Socialista Obrero Español. A cidade viviu unha mudanza importante. En infraestruturas e equipamento urbano foi a mellor; porén, en relación co traballo, converteuse na capital europea do desemprego.[Cómpre referencia] Nas eleccións municipais de 1995 o Partido Popular, con Teófila Martínez, gañou a presidencia da alcaldía, que mantén ata a actualidade (2007), e a pesar de que a situación de desemprego non mudou, Cádiz foi a cidade que deu un maior apoio porcentual ao PP.[Cómpre referencia]
Engadir un novo comentario