Wien

( Viena )

Viena (en alemán: Wien ( [viːn] ; en bavarés: Wean)) é unha cidade situada en Europa Central, capital de Austria, ademais dun dos nove Bundesländer ou Estados austríacos. Situada á beira do río Danubio e ao pé dos primeiros cordais dos Alpes é, cunha poboación de arredor de 1,9 millóns habitantes (2,8 millóns coa área metropolitana), a maior cidade e centro político e cultural do país.

Rodeada polo estado de Baixa Austria, a súa área metropolitana acada os 2 419 000 habitantes, poboación semellante á que tiña no ano 1914. A cidade ten unha longa historia, sendo unha das máis antigas capitais de Europa, polo que conta cun importante patrimonio artístico. Capital do Imperio Austrohúngaro medrou pasando a súa poboación de 724.000 habitantes en 1880 a 2 000 000 en 1910. Durante o século XIX foi unha das grandes capitais musicais do mundo e a ...Ler máis

Viena (en alemán: Wien ( [viːn] ; en bavarés: Wean)) é unha cidade situada en Europa Central, capital de Austria, ademais dun dos nove Bundesländer ou Estados austríacos. Situada á beira do río Danubio e ao pé dos primeiros cordais dos Alpes é, cunha poboación de arredor de 1,9 millóns habitantes (2,8 millóns coa área metropolitana), a maior cidade e centro político e cultural do país.

Rodeada polo estado de Baixa Austria, a súa área metropolitana acada os 2 419 000 habitantes, poboación semellante á que tiña no ano 1914. A cidade ten unha longa historia, sendo unha das máis antigas capitais de Europa, polo que conta cun importante patrimonio artístico. Capital do Imperio Austrohúngaro medrou pasando a súa poboación de 724.000 habitantes en 1880 a 2 000 000 en 1910. Durante o século XIX foi unha das grandes capitais musicais do mundo e a principios do século XX un dos focos da filosofía e o debate político de Occidente, así como un dos principais centros culturais mundiais. Durante esa época constrúense grandes palacios arredor da Ringstraße, perímetro da muralla medieval reconvertida a amplo bulevar.

Durante a Segunda Guerra Mundial foi bombardeada polas forzas aliadas e, até 1955, permaneceu baixo ocupación cuadripartita, xa que estaba controlada por soviéticos, franceses, estadounidenses e británicos, sistema semellante ao de Berlín. Está situada a 50 quilómetros de Bratislava (capital de Eslovaquia), ademais de estar conectada por unha ampla rede de autoestradas intereuropeas con Alemaña, República Checa e Eslovenia. A maioría da poboación que profesa unha relixión declárase católica.

Historia
Artigo principal: Historia urbana de Viena.
Antigüidade

Os primeiros asentamentos humanos na actual Viena, de orixe celta, datan aproximadamente do ano 500 a.C.. Posteriormente, serían os xermanos e máis tarde os romanos, coa expansión do Imperio romano para o norte no século I a.C, os que se asentarían na zona. O río Danubio, xunto cos Alpes, serviron de fronteiras naturais entre o propia Imperio de Roma e os pobos bárbaros, servindo Viena (daquela chamada Vindobona) como punto de defensa do imperio. A cidade en si naceu como campamento do exército romano para controlar a Provincia de Pannonia, na que se asentaran diferentes unidades, de entre as cales destacou a Legio X Gemina, que permaneceu nela dende o ano 106 até o final do século IV, cando foi ocupada de novo polos xermanos na época de Graciano e de Teodosio I.

Idade Media

Coas invasións bárbaras foi ocupada polos ávaros e maxiares. No século IX Carlomagno conquista a cidade, bautizándoa co nome de Ostmark (a marca do leste). Durante a alta Idade Media Viena converteuse nun importante aliado do Vaticano e das Cruzadas (por exemplo Ricardo Corazón de León). No século XV converteuse na capital de Hungría e até as guerras napoleónicas foi capital do Sacro Imperio Romano Xermánico, ao ser o fogar da casa dos Habsburgo. En 1237 as murallas de Viena acadaron a extensión que conservarían até a súa desaparición en 1857.

Idade Moderna

Dende a caída de Constantinopla en mans otomás (1453) houbo un interese crecente do Imperio Turco por Viena, dado que era a clave para conquistar os demais países de Europa; interese que se fixo máis notable durante o período do sultán Suleiman o Magnífico. Mais os seus esforzos fracasaron e os austríacos saíron vitoriosos dos distintos sitios aos que someteron a cidade, o primeiro en 1529, a pesar de que inicialmente os defensores da cidade só recibiron o apoio pouco entusiasta dos seus veciños alemáns. O exército turco estaba mal equipado para un asedio e a súa tarefa foi obstaculizada pola neve e as inundacións. Suleimán retirouse no final de outubro e non puido renovar o asedio ao seu regreso en 1532, cando atopou os defensores apoiados por un grande exército baixo o mando do irmán de Fernando I, o emperador Carlos V.

Entre o primeiro e o segundo sitio turco, as instalacións defensivas foron reforzadas e modernizadas constantemente. Isto trouxo como consecuencia que se tivesen que ampliar repetidamente os espazos libres fronte aos bastións para utilizalos como campo de tiro. En 1529 estes espazos abarcaban 90 m que, a partir de 1683, foron ensanchados a 450 m. Até 1858 non se construíu ningún edificio nesta chaira.

O segundo sitio produciuse en 1683, na chamada Batalla de Viena, e marcou o comezo do declive do Imperio otomán en Europa. Foi iniciado polo gran visir Kara Mustafa Pasha, que necesitaba desesperadamente un éxito militar para reforzar a súa posición inestable e tratou de logralo nunha campaña contra o emperador Leopoldo I. Os turcos avanzaron con forza e cercaron a cidade o 16 de xullo, pero a súa falta de artillaría de asedio permitiu a Leopoldo reunir un exército adicional formado por tropas austríacas, alemás e polacas, que derrotou ao exército turco nunha batalla librada diante dos muros da cidade o 12 de setembro, que tamén se coñece como Batalla de Kahlenberg.

Durante o século XVIII, os Habsburgo converteron á cidade na súa capital dende 1556 e a súa importancia viuse acrecentada coa súa expansión polo val do Danubio. Converteuse nun dos núcleos principais do barroco europeo grazas á construción de importantes obras arquitectónicas e creacións musicais. En 1800, antes das guerras napoleónicas, a cidade tiña 231.900 habitantes.

Desde o asedio de 1683, en que foron destruídas numerosas cidades pequenas que existían no exterior da muralla, no terreo ondulado situado fronte á cidade alzáronse numerosos palacios con xardíns. O punto de partida foron os planos do palacio real de Schönbrunn, elaborados por Johann Bernhard Fischer von Erlach. Arredor do 1720 había 200 residencias rurais. O príncipe Euxenio de Savoia adquiriu en 1693 unha das maiores parcelas cos primeiros ingresos que lle chegaron. Alí, tras corenta anos de traballo, levantou o Palacio Belvedere cos seus espazosos xardíns.

Era napoleónica

Trala derrota austríaca por Napoleón Bonaparte en 1809 na batalla de Wagram, este último hospédase no palacio de Schönbrunn, en Viena (onde -ironías da historia- apenas uns anos atrás hospedáranse Luís XVI e María Antonieta, filla de María Tareixa e Francisco I, emperadores de Austria). Durante esta estancia, Francia e Austria aliáronse e Napoleón desposou a María Luísa, tamén filla dos emperadores de Austria.

Metternich, chanceler austríaco nesta época, cambiría a Austria ao bando antinapoleónico trala derrota francesa en Rusia. Despois da derrota definitiva de Napoleón, celebrouse o Congreso de Viena, unha conferencia internacional convocada co obxecto de restablecer as fronteiras de Europa. A reunión levouse a cabo do 1 de outubro de 1814 ao 9 de xuño de 1815, o que lle permite a Austria conservar gran parte dos seus territorios a pesar de se aliar con Napoleón, e a partir de entón, Viena, por medio do chanceler Metternich, converteríase no eixo da política da Europa continental durante os seguintes trinta anos.

Imperio austrohúngaro

Durante o século XIX, sobre todo na segunda metade, Viena iniciou un gran desenvolvemento demográfico, acompañado de reformas urbanísticas, que a converteron nunha gran cidade, multiplicando nun século a súa poboación por dez. En 1857, derrubáronse as murallas por decreto de Francisco Xosé I de Austria, abríndose unha nova avenida, a Ringstraße, onde se construíron importantes edificios, como a Ópera, a Universidade, o Concello, o Parlamento, a Bolsa e os museos de historia da arte e historia natural.

A derrota de Austria na guerra austríaco-prusiana en 1866 e a posterior anexión dos estados alemáns a Prusia converteron á unificada Alemaña nun perigo para Austria, polo que esta última tívose que aliar con Hungría no que se coñece como a "política de compensación ou Ausgleichpolitik. Así pois, en 1867, tralo Compromiso con Hungría, Viena converteuse na capital do Imperio austrohúngaro e nun centro cultural, artístico, político, industrial e financeiro de primeira orde mundial. Con esta alianza, Austria prosegue sumando máis terreo, co que para fins do século XIX o imperio abarcaba os actuais países de Austria, Hungría, Eslovaquia, República Checa, Galitsia, Transilvania, Bucovina, Rutenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Eslovenia e o Trentino-Tirol do Sur.

Viena acadou o seu máximo demográfico en 1916 con 2.239.000 habitantes, sendo a terceira cidade máis grande de Europa. Este é o período cultural máis glorioso da monarquía dos Habsburgo, con Francisco Xosé I rexendo o Imperio (período 1848-1916). Tamén é a época dos suntuosos valses vieneses (Wiener Walzer), a Ópera Nacional de Viena, os grandes carruaxes paseando pola Ringstraße e a Kärntner Straße, así como dos típicos cafés vieneses.

Da época destacan intelectuais, como Sigmund Freud no psicanálise e Otto Bauer no campo do pensamento político, principal expoñente do austromarxismo, ideas que calarían forte na sociedade vienesa, pois xa en 1895 o goberno municipal estaría en mans do partido socialcristiano, precursor do actual partido ÖVP (democristián). Tampouco hai que esquecer no plano artístico o movemento modernista, a Secesión de Viena (Secession), con Gustav Klimt como principal expoñente na pintura, Coloman Moser no grafismo e Joseph Maria Olbrich e Josef Hoffman na arquitectura. Contrario a estes destacaría así mesmo Adolf Loos co seu racionalismo arquitectónico. Con todo, a primeira guerra mundial e a posterior derrota austrohúngara truncarían gran parte dese esplendor.

Tras o asasinato do arquiduque herdeiro Francisco Fernando e a súa esposa, Sofía Chotek, en Saraxevo, polo terrorista serbo-bosníaco Gavrilo Princip, e ante a abafadora evidencia da participación dos servizos de intelixencia serbios no complot, a monarquía dual declara a guerra a Serbia, coa que se alían Alemaña e Turquía e que, ante a oposición de Francia, Inglaterra e Rusia, devén na primeira guerra mundial. En outubro de 1918, derrotada Austria-Hungría e os seus aliados, estala a revolución en Viena que pide a disolución da monarquía e a independencia austríaca; sería o fin da monarquía dos Habsburgo, que gobernaba o país desde 1278.

A República de Austria
 
Viena arredor de 1923.

Viena converteuse, despois do Tratado de Saint-Germain, na capital da pequena República de Austria, reducida ao seu tamaño actual, sufrindo un importante retroceso demográfico, económico e político. Non obstante, a actividade intelectual continuou co Círculo de Viena ( der Wiener Kreis ) neste momento, considerado por moitos como o grupo de intelectuais máis influente do século XX en Europa, entre os que destacan Moritz Schlick e Ludwig Wittgenstein na filosofía positivista lóxica (Logischer Empirismus).

Durante o período republicano democrático, é dicir, dende 1918 ata a ditadura de Engelbert Dollfuss en 1934, o Partido Laborista Social Democrático (Sozialdemokratische Arbeiterpartei en alemán) obtivo a maioría absoluta en todas as eleccións celebradas para o goberno local, polo que a cidade pasou a chamarse Viena Vermella. A política socialdemócrata daqueles anos caracterizouse por un extenso programa de vivenda social e por un forte apoio á educación e á saúde públicas, como defendía a corrente austromarxista. A Viena Vermella finalizou en 1934 como consecuencia da Guerra Civil austríaca e da vitoria do Fronte Patriótico. O seu último alcalde foi Karl Seitz.

O Reich III
 
Adolf Hitler, o 14 de marzo de 1938, o seu primeiro gran discurso ós vieneses dende o balcón central do Palacio Imperial de Hofburg.

A importancia cultural vienesa manterase ata 1938, ano no que o país foi invadido e posteriormente anexionado pola Alemaña nazi. Esta anexión, coñecida como Anschluss, estaba prohibida nos tratados de paz e foi a primeira das expansións destinadas a unificar a todos os falantes de alemán nun só Estado, baixo un único liderado ("ein Reich , en Volk, en Führer"). Na cidade, que se converteu na capital da provincia de Ostmark, pronunciou Hitler, o 14 de marzo de 1938, o seu primeiro gran discurso ós vieneses dende o balcón central do Palacio Hofburg, discurso que é considerado un dos máis emotivos do ditador e de maior aclamación pola súa masiva audiencia debido á euforia que a anexión de Austria ó Terceiro Imperio Xermano (Dritte Reich) causou en parte da poboación. Para lexitimar a invasión, celebrouse un referendo o 10 de abril, que foi favorable ó Anschluss cun 99,73%, aínda que carecía de garantías democráticas.

Durante a Segunda guerra mundial, Viena sufriu os bombardeos aéreos americanos indiscriminados que destruíron boa parte do patrimonio histórico (a catedral gótica de San Esteban, o palacio de Hofburg, a ópera de Viena e as pontes do Danubio, entre outros), o cal foi reconstruído despois da guerra. En maio de 1945 Viena foi tomada polo Exército Soviético, que xunto con franceses, estadounidenses e ingleses, ocuparíana durante os seguintes dez anos baixo un sistema de ocupación cuadripartita na cidade, semellante ó de Berlín.

Posguerra

Tralos esforzos de Leopold Figl e Julius Raab e a posterior firma do Acordo de Moscova, Austria recupera a independencia o 15 de maio de 1955, e Viena volve a ser a capital da República de Austria. A partir de entón e grazas ao seu compromiso coa neutralidade, Austria converteuse na sede de organizacións internacionais como a OPEP, a ONUDI, a IAEA e a IIASA, entre outras, o que fai de Viena a terceira capital da ONU, despois de Nova York e Xenebra, polo que hoxe en día pode verse como unha gran comunidade internacional, particularmente no cuarto distrito de Viena (Wieden) derivado dos seus corpos diplomático. Dende 1995 forma parte da Unión Europea e dos países de Schengen. A partir do 2002, saíu da circulación o xilin austríaco e entrou en vigor o euro como a moeda de curso legal en Austria.

Photographies by:
Statistics: Position
1865
Statistics: Rank
66365

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
582743196Click/tap this sequence: 2386

Google street view

Where can you sleep near Viena ?

Booking.com
487.421 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 47 visits today.