Teatro romano de Mérida

O Teatro romano de Mérida é un teatro histórico levantado pola Antiga Roma na colonia Emerita Augusta, actual Mérida (España). A súa creación foi promovida polo cónsul Marco Vipsanio Agripa e, segundo unha data inscrita no propio teatro, a súa inauguración produciuse cara aos anos 16-15 a. C. «Príncipe entre os monumentos emeritenses», como o denominou José Menéndez-Pidal, arquitecto que dirixiu a súa reconstrución desde 1964, o teatro é Patrimonio da Humanidade desde 1993 como parte do Conxunto arqueolóxico de Mérida.

O teatro sufriu varias remodelacións, a máis importante cara ao ano 105, en época do emperador Traxano, ao erguerse a fronte escénica actual, e outra en época de Constantino I, entre os anos 333 e 335. O teatro foi abandonado no século IV d. C. tras a oficialización no Imperio romano do cristianismo, que consideraba inmorais as representacións teatrais. O edificio foi cuberto de terra e durante séculos a súa única parte visible foi a summa cavea, ...Ler máis

O Teatro romano de Mérida é un teatro histórico levantado pola Antiga Roma na colonia Emerita Augusta, actual Mérida (España). A súa creación foi promovida polo cónsul Marco Vipsanio Agripa e, segundo unha data inscrita no propio teatro, a súa inauguración produciuse cara aos anos 16-15 a. C. «Príncipe entre os monumentos emeritenses», como o denominou José Menéndez-Pidal, arquitecto que dirixiu a súa reconstrución desde 1964, o teatro é Patrimonio da Humanidade desde 1993 como parte do Conxunto arqueolóxico de Mérida.

O teatro sufriu varias remodelacións, a máis importante cara ao ano 105, en época do emperador Traxano, ao erguerse a fronte escénica actual, e outra en época de Constantino I, entre os anos 333 e 335. O teatro foi abandonado no século IV d. C. tras a oficialización no Imperio romano do cristianismo, que consideraba inmorais as representacións teatrais. O edificio foi cuberto de terra e durante séculos a súa única parte visible foi a summa cavea, as bancadas superiores, que foron bautizadas polos emeritenses «As sete cadeiras». As escavacións arqueolóxicas no edificio comezaron a principios do século XX e desde 1933 o teatro alberga a celebración do Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida. En 2007 o teatro foi nomeado un dos 12 Tesouros de España.

Photographies by:
Statistics: Position
1078
Statistics: Rank
108226

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
382756491Click/tap this sequence: 3794

Google street view

Where can you sleep near Teatro romano de Mérida ?

Booking.com
487.360 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 45 visits today.