Os Sundarbans (en bengalí: সুন্দর বন; "bosque fermoso") son unha área de mangleiral no delta formado pola confluencia dos ríos Ganxes, Brahmaputra e Meghna no golfo de Bengala. Esténdese dende o río Hooghly no estado indio de Bengala Occidental até o río Baleswar en Bangladesh. Contén bosques de mangleirais, terras agrícolas, chairas de marea e está conectado por múltiples regatos e canles. Existen catro áreas dos Sundarbans que están clasificados como Patrimonio da Humanidade, o Parque Nacional dos Sundarbans e os santuarios da vida salvaxe dos Sundarbans do oeste, sur e leste. O bosque de mangleiros dos Sundarbans abrnague unha área de 10 000 km2. En Bengala Occidental, esténdense por 4 260 km2 ó longo dos distritos South 24 Parganas e North 24 Parganas. Os bosques na división Khulna de Bangladesh abranguen 6 017 km2. As especies de árbores máis comúns son o sundri (Heritiera fomes) e o gewa (Excoecaria agallocha...Ler máis

Os Sundarbans (en bengalí: সুন্দর বন; "bosque fermoso") son unha área de mangleiral no delta formado pola confluencia dos ríos Ganxes, Brahmaputra e Meghna no golfo de Bengala. Esténdese dende o río Hooghly no estado indio de Bengala Occidental até o río Baleswar en Bangladesh. Contén bosques de mangleirais, terras agrícolas, chairas de marea e está conectado por múltiples regatos e canles. Existen catro áreas dos Sundarbans que están clasificados como Patrimonio da Humanidade, o Parque Nacional dos Sundarbans e os santuarios da vida salvaxe dos Sundarbans do oeste, sur e leste. O bosque de mangleiros dos Sundarbans abrnague unha área de 10 000 km2. En Bengala Occidental, esténdense por 4 260 km2 ó longo dos distritos South 24 Parganas e North 24 Parganas. Os bosques na división Khulna de Bangladesh abranguen 6 017 km2. As especies de árbores máis comúns son o sundri (Heritiera fomes) e o gewa (Excoecaria agallocha). Os bosques on o hábitat de 453 especies de animais, incluíndo 290 paxaros, 120 peixes, 42 mamíferos, 35 réptiles e oito especies de anfibios.

Photographies by:
Himanshu Gupta - CC BY-SA 4.0
Statistics: Position
131
Statistics: Rank
375906

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
613498275Click/tap this sequence: 9576

Google street view

Where can you sleep near Sundarbans ?

Booking.com
489.450 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 88 visits today.