St. Stephen's Green

St Stephen's Green, (en irlandés Faiche Stiabhna) é un parque público situado no centro da cidade de Dublín (Irlanda), nun dos extremos de Grafton Street, unha das rúas comerciais máis importantes da capital irlandesa.

O parque ten forma rectangular e antigamente as rúas que o rodean constituían as principais arterias por onde se canalizaba o tránsito no centro da cidade, se ben a raíz dunha ordenanza do Concello no 2004, o tráfico nesas rúas (St Stephen's Green North, St Stephen's Green South, St Stephen's Green East e St Stephen's Green West respectivamente) reduciuse considerablemente.

Historia

Ata 1663, a área na que actualmente está situado o parque, atopábase fóra da cidade e era empregada principalmente para pastos. Ese ano, o goberno municipal decidiu pechar o parque e vender as terras que o rodeaban.[1] O parque quedou rodeado por un muro en 1664 e rapidamente se comezaron a construír unha gran cantidade de edificios de estilo xeorxiano ao seu redor, o que fixo que a finais do século XVIII, o lugar fose a residencia da alta sociedade de Dublín. Actualmente, a meirande parte dos edificios que se poden ver preto de St Stephen´s Green son unha réplica dos que antes existían, xa que moi poucos dos orixinais sobreviviron.

En 1814, o control do parque pasou a estar baixo unha comisión representativa dos residentes da zona que tomou a decisión de substituír o muro que rodeaba o perímetro por unha rede e restrinxir o acceso ao interior do mesmo, de xeito que só os residentes na zona podían acceder ao interior do parque.[2] O acceso libre só foi retomado en 1877 por orde do Parlamento, por iniciativa de Arthur Guinness, facendo que fose reaberto para poder ser gozado por tódolos habitantes de Dublín. O propio Guiness pagou en 1880 o redeseño do parque que dende aquela se mantén sen grandes alteracións. En agradecemento ao seu traballo, no interior do parque hai unha estatua na súa memoria.

Durante o Alzamento de Pascua de 1916, un grupo de cerca de 250 revolucionarios formado principalmente por membros do IRA baixo as ordes do comandante Michael Mallin tomou o control do parque,[1][3] bloqueando o acceso. O exército británico respondeu atacando as posicións rebeldes dende o Shelbourne Hotel, situado na esquina nordeste do parque, o que obrigou a estes últimos a retirarse ao Real Colexio de Cirurxiáns de Irlanda, onde finalmente a revolta foi sufocada. As crónicas da época contan que durante o combate houbo un momento no que se decretou un alto o lume para que o garda do parque puidese alimentar aos parrulos.[4]

↑ 1,0 1,1 Christine Casey, Dublin (The City Within the Grand and Royal Canals and the Circular Road with the Phoenix Park), Yale University Press (2005) ISBN 0-300-10923-7 Archiseek.com - St Stephen's Green, Dublin Arquivado 11 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine. National Library of Ireland The 1916 Rising: Personalities and Perspectives - Stephens Green Arquivado 06 de novembro de 2015 en Wayback Machine. "St. Stephen's Green - Parks, Gardens and Nature Reserves of Dublin - Ireland for Visitors". Consultado o 2009. 
Photographies by:
Dronepicr - CC BY 3.0
Statistics: Position
7964
Statistics: Rank
5105

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
735164892Click/tap this sequence: 5259

Google street view

Where can you sleep near St. Stephen's Green ?

Booking.com
490.296 visits in total, 9.200 Points of interest, 404 Destinos, 64 visits today.