San Gimignano

San Gimignano é unha pequena cidade de montaña medieval amurallada na provincia de Siena, Toscana, centro-norte de Italia. Coñecida como "a Cidade das belas Torres", San Gimignano é famosa pola súa arquitectura medieval, única pola conservación dunha ducia das súas casas torre. que, coa súa configuración de outeiro e as súas paredes circundantes, forman "un horizonte inesquecible". Dentro dos muros, os edificios ben conservados inclúen exemplos notables tanto de arquitectura románica como de arquitectura gótica, con destacados exemplos de edificios seculares así como igrexas. O Palazzo Comunale, a Colexiata e a Igrexa de Sant' Agostino conteñen frescos, incluíndo ciclos que datan dos séculos XIV e XV. O "Centro Histórico de San Gimignano" é Patrimonio da Humanidade da UNESCO. A cidade tamén é coñecida polo azafrán, o xamón dourado e o seu viño branco, Vernaccia di San Gimignano, producido a partir da antiga variedade de uva Vernaccia que se cultiva nas ladeiras de pedra areni...Ler máis

San Gimignano é unha pequena cidade de montaña medieval amurallada na provincia de Siena, Toscana, centro-norte de Italia. Coñecida como "a Cidade das belas Torres", San Gimignano é famosa pola súa arquitectura medieval, única pola conservación dunha ducia das súas casas torre. que, coa súa configuración de outeiro e as súas paredes circundantes, forman "un horizonte inesquecible". Dentro dos muros, os edificios ben conservados inclúen exemplos notables tanto de arquitectura románica como de arquitectura gótica, con destacados exemplos de edificios seculares así como igrexas. O Palazzo Comunale, a Colexiata e a Igrexa de Sant' Agostino conteñen frescos, incluíndo ciclos que datan dos séculos XIV e XV. O "Centro Histórico de San Gimignano" é Patrimonio da Humanidade da UNESCO. A cidade tamén é coñecida polo azafrán, o xamón dourado e o seu viño branco, Vernaccia di San Gimignano, producido a partir da antiga variedade de uva Vernaccia que se cultiva nas ladeiras de pedra arenisca da zona.

Historia
 
A central Piazza della Cisterna

No século III a.C. no lugar de San Gimignano alzábase unha pequena aldea etrusca. Os cronistas Lupi, Coppi e Pecori relatan que durante a conspiración de Catilina contra a República Romana no século I, dous irmáns patricios, Muzio e Silvio, fuxiron de Roma cara a Valdelsa e construíron dous castelos, Mucchio e Silvia (hoxe San Gimignano). O nome de Silvia cambiou a San Gimignano no ano 450 despois de que o bispo Geminianus, o santo de Módena, interveña para evitar a destrución do castelo polos seguidores de Atila o Huno. Como resultado, dedicouse ao santo unha igrexa e nos séculos VI e VII creceu ao seu redor unha aldea amurallada, chamada posteriormente "Castelo de San Gimignano" ou Castelo do Bosque pola extensa zona boscosa que o rodea. Desde o 929 a cidade foi gobernada polos bispos de Volterra.[1]

Na Idade Media e na era do Renacemento, foi un punto de parada para os peregrinos católicos no camiño a Roma e o Vaticano, xa que se atopa na Vía Francigena medieval.[2] O desenvolvemento da cidade tamén mellorou polo comercio de produtos agrícolas dos fértiles outeiros veciños, en particular o azafrán, usado tanto para cociñar como para tinguir panos e viño Vernaccia, dise que inspiraba a papas e poetas.[3][1]

En 1199, a cidade independizouse dos bispos de Volterra e estableceu un podestà, que empezou a enriquecer a comuna con igrexas e edificios públicos. Porén, a paz da cidade viuse perturbada durante os dous séculos seguintes polo conflito entre güelfos e xibelinos, e as rivalidades familiares dentro de San Gimignano.[1] Isto deu lugar a que as familias rivais construísen casas torre de alturas cada vez máis grandes. Cara a finais do período medieval, había 72 casas torre, de ata 70 metros de altura. A rivalidade finalmente limitouse cando o consello local ordenou que ningunha torre fose máis alta que a adxacente ao Palazzo Comunale.[4]

Aínda que o patrón oficial é San Gimignano, a cidade tamén honra a Serafina de San Gimignano Fina, coñecida tamén como Seraphina e Serafina, que naceu en San Ximignano en 1238 e cuxo día da festa é o 12 de marzo. A Capela de Santa Fina da Colexiata alberga o seu santuario e os frescos de Ghirlandaio.[5] A casa que dise que era o seu fogar aínda permanece na cidade.

O 8 de maio de 1300, San Gimignano acolleu a Dante Alighieri no seu papel de embaixador da Liga Güelfa na Toscana.[2]

A cidade floreceu ata 1348, cando foi golpeada pola Peste Negra que afectou a toda Europa, e preto da metade da poboación morreu.[1] A cidade someteuse ao goberno de Florencia. Inicialmente, construíronse algúns palacios góticos ao estilo florentino, e moitas das torres foron reducidas á altura das casas.[1] Houbo pouco desenvolvemento posterior, e San Gimignano mantívo conservado o seu estado medieval ata o século XIX, cando comeza a recoñecerse a súa condición de recurso turístico e artístico.

↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 von der Haegen & Strasser 2001, pp. 430-433. ↑ 2,0 2,1 "History of San Gimignano". Associazione Strutture Extralberghiere di San Gimignano. Consultado o 11 de setembro de 2012.  Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome vernaccia von der Haegen & Strasser 2001, pp. 430 -433. Vantaggi 1979, pp. 41-50.
Photographies by:
Statistics: Position
1816
Statistics: Rank
70265

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
529761384Click/tap this sequence: 1551
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near San Gimignano ?

Booking.com
491.286 visits in total, 9.211 Points of interest, 405 Destinos, 130 visits today.