Σαμοθράκη

( Samotracia )

Samotracia (en grego, Σαμοθράκη ou Samothraki) é unha illa de Grecia no norte do mar Exeo. Sitúase no distrito de Evros, na provincia de Macedonia Oriental e Tracia. Está uns poucos quilómetros ao oeste da fronteira marítima entre Grecia e Turquía. A extensión da illa é 178 quilómetros cadrados, e a súa poboación de aproximadamente 2.800 habitantes. Depende da pesca e o turismo. O nome da illa é coñecido pola escultura chamada Vitoria de Samotracia que se atopa no museo do Louvre.

Historia Antigüidade

Samotracia non era un estado completo no significado político da antiga Grecia, xa que non ten ningún porto natural e a maior parte da illa é moi montañosa para o cultivo: Ouros Fengari (Monte Lúa) elévase a 1.611 m. Foi, con todo, o fogar do Santuario dos Grandes Deuses, sitio de importantes cerimonias relixiosas Helénicas e pre-helénicas . Entre os que visitaron este santuario para ser iniciados no culto da illa foron o rei Lisandro de Esparta, Filipo II de Macedonia e Cornelio Pisón, sogro de Xulio César.

A antiga cidade, cuxas ruínas chámanse Palaeopoli ("cidade vella"), atópase na costa norte. Aínda se conservan considerables restos das antigas murallas, que foron construídas en grande estilo ciclópeo, así como do santuario dos grandes deuses, onde se levaban a cabo ritos misteriosos (Misterios Samotracianos)[1] que estaban abertos aos escravos e persoas libres (en contraste cos Misterios de Eleusis). Demetrios de Skepsis fala dos misterios de Samotracia.[1]

O relato tradicional da antigüidade di que Samotracia foi habitada por primeira vez por pelasgos e Cariaos, e máis tarde tracios. A finais do século 8 a.C. a illa foi colonizada polos gregos de Samos, do que ven o nome de Samos de Tracia, que máis tarde se converteu en Samotracia, aínda que Estrabón négao. A evidencia arqueolóxica suxire que a colonización grega foi no século VI antes de Cristo.

Os persas ocuparon Samotracia no 508 a.C., logo pasou baixo control ateniense, e foi membro da Confederación de Delos no século 5 antes de Cristo. Foi sometida por Filipo II de Macedonia, e desde entón ata o 168 a.C. estivo baixo soberanía Macedonia. Coa batalla de Pidna Samotracia converteuse en independente, unha condición que terminou cando Vespasiano absorbeu a illa no Imperio Romano no ano 70.

Durante a época romana e en particular no período imperial, grazas ao interese dos emperadores romanos, a influencia do santuario dos grandes deuses excedeu as fronteiras gregas e Samotracia convertéronse en centro relixioso internacional onde os peregrinos acudían de todas partes do mundo romano. Separadamente do famoso santuario, un papel decisivo no gran desenvolvemento de Samotracia xogárono tamén os seus dous portos polo que pasaban os barcos na ruta marítima entre Troas e Macedonia. Por outra banda, xogou un papel importante, coas súas posesións en Perea, concedidas polos romanos, polo menos durante o período imperial, como o demostran as inscripciones do século 1 dC.[2]

O libro dos Feitos na Biblia cristiá rexistra que o apóstolo Paulo de Tarso, na súa segunda viaxe misioneiro fóra de Palestina, partiu de Troas a Samotracia e pasou unha noite alí de camiño a Macedonia.[3]

Era Posromana
 
Bandeira dos revolucionarios de Samotracia durante a Guerra de indendencia grega.
 
Vista de Samotracia.
 
Barcos de pesca no porto de Samotracia.

San Teófanes morreu aquí no 818. Os bizantinos gobernaron ata 1204, cando os venecianos tomaron o seu lugar, só para ser desaloxados por unha familia xenovesa en 1355, os Gattilusi. O Imperio Otomán conquistouna en 1457 e foi chamada (turco: Semadirek); unha insurrección contra eles pola poboación local durante a guerra de Independencia grega (1821-1831) levou ao masacre da maioría da poboación uns 1.000 mortos.[4] A illa regresou ao dominio grego en 1913 por mor da Guerra dos Balcáns. Foi ocupada por Bulgaria durante a Segunda Guerra Mundial de 1941 a 1944.

Hoxe en día

A cidade portuaria moderna de Kamariotissa está na costa noroeste e permite o acceso de transbordadores desde e cara a puntos do norte de Grecia, como Alexandroupoli e Kavala. Non hai aeroporto comercial na illa. Outros sitios de interese na illa inclúen as ruínas dos fortes xenoveses, o pintoresco Chora(casco antigo), e varias fervenzas.

↑ 1,0 1,1 Samotracia en Google Books. D. C. Samsaris, Historical Geography of Western Thrace during the Roman Antiquity (in Greek), Thessaloniki 2005, p. 120-126 Modelo:Bibleverse Charles Vellay, L'irrédentisme hellénique, 1913, 329 pages. page 131: [1]
Photographies by:
Ivan Koev - CC BY-SA 4.0
Zones
Statistics: Position
1103
Statistics: Rank
103121

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
641987523Click/tap this sequence: 8274

Google street view

Where can you sleep near Samotracia ?

Booking.com
487.402 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 28 visits today.