A antiga cidade de Pérgamo (en grego antigo: τὸ Πέργαμον, to Pergamon, ou ἡ Πέργαμος, hē Pergamos) estaba situada no noroeste de Asia Menor (actual Turquía), a 30 km da costa do mar Exeo e fronte á illa de Lesbos, na rexión chamada Misia. As súas ruínas rodean a actual cidade de Bergama, construída sobre o que foi a parte baixa de Pérgamo. Existiu desde o século -V, mais só no período helenístico foi importante por tornarse sede da dinastía atálida. Posuía unha biblioteca de prestixio que perdía en importancia só coa Biblioteca de Alexandría. En Pérgamo xurdíu o pergamiño [Cómpre referencia].

No 2014, a Unesco elixiu a Pérgamo como Patrimonio da Humanidade.

Historia
 
Localización da cidade de Pérgamo na costa de Asia Menor (Turquía).

A lenda di que a cidade de Pérgamo foi fundada por Pérgamos, fillo de Neoptólemo e Andrómaca, todos eles personaxes da Guerra de Troia. No ano -560, a cidade pertencía a Creso, rei de Lidia, e tempo despois pasou a depender de Ciro II de Persia. Algunhas fontes aseguran que cando Alexandre o Grande venceu a Darío III, rei dos persas, e dominou toda a Asia Menor, puxo como gobernadora de Pérgamo a Barsine que era a viúva dun comandante persa de Rodas.

A orixe da gran cidade que chegou a ser, está nunha cidadela situada na parte máis alta, onde o xeneral Lisímaco de Tracia gardou os seus tesouros. Crese que acaudalou unha grande riqueza, ata 9.000 talentos que xunto con outras xoais deixou naquel lugar ó coidado do gobernador da zona, chamado Filetero (outros autores chámano Filetaro ou Filetairo).

Photographies by:
Mulazimoglu at Turkish Wikipedia - Public domain
Statistics: Position
3219
Statistics: Rank
36378

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
927635841Click/tap this sequence: 9619

Google street view

Where can you sleep near Pérgamo ?

Booking.com
489.171 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 8 visits today.