A Sainte-Chapelle (Santa Capela en galego ou co nome completo Capela real da Île de la Cité) é unha capela gótica situada na Île de la Cité (Illa da Cidade) no centro de París (Francia), construída no século XIII por Luís IX (San Luís). Foi proxectada en 1241, iniciada en 1246 e concluída moi axiña, sendo consagrada en abril de 1248. Está considerada unha das obras principais do período radiante da arquitectura gótica. Foi construída para acoller as reliquias adquiridas polo rei Luís IX, polo que foi considerada coma un enorme relicario. As paredes foron substituídas por grandes fiestras que filtran a luz grazas ás vidreiras polícromas.

Historia

A historia da capela comeza en 1241 cando foron levadas dende Siria e Constantinopla deica Francia, a coroa de espiños, parte da cruz, o ferro da lanza, a esponxa e outras reliquias do martirio de Xesús Cristo, que foran adquiridas polo rei Luís IX a Balduíno II, último emperador latino de Constantinopla. O rei francés acudiu a recibir estas sagradas reliquias e el mesmo entrou en París con elas, descalzo, depositándoas de xeito provisional na capela de San Nicolás do seu palacio, até que se construíse unha capela digna das reliquias. A Sainte Chapelle iniciouse probabelmente en 1241 e foi consagrada en 1248.

O servizo da Santa Capela

Grazas a un privilexio ligado á coroa de Francia, o clero da capela non dependía do bispo nin da parroquia no perímetro da cal a casa do Concello (Conciergerie) da Cité se sitúa, é dicir a parroquia de San Bertomeu. Para que esta exención non fose rexeitada polo bispo de París, este non foi convidado á cerimonia de consagración, que foi presidida polo legado apostólico e mailo arcebispo de Reims. En 1273, o Papa une oficialmente o clero da Santa Capela á Santa Sé.

Photographies by:
Didier B (Sam67fr) - CC BY-SA 2.5
David Shapinsky from Washington, D.C., United States - CC BY-SA 2.0
Statistics: Position
3358
Statistics: Rank
104142

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
738619524Click/tap this sequence: 2413
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Sainte-Chapelle ?

Booking.com
8.722.330 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 8.468 visits today.