San Francisco de Quito é a capital da República de Ecuador e da provincia ecuatoriana de Pichincha, e a cabeceira do cantón homónimo.
Cunha poboación de 1.978.376 (datos do 2019), Quito é a segunda cidade máis poboada do país, despois de Guayaquil. A alta taxa de inmigración rural aumentou notabelmente a súa poboación nos últimos anos.
Algúns lingüistas especulan que o seu nome significa, en tsafiqui, lingua da etnia Tsáchila ou Indios Colorados, centro (Quitsa) do mundo (To).
Historia
Cidade de Quito
EcuadorTipoCulturalCriteriosII, IVInscrición1978 (2ª sesión)Rexión da UNESCOLatino América e o CaribeIdentificador2Guápulo
San Francisco Plaza, Quito.
Centro histórico de Quito coa Basílica do Voto Nacional no fondo.
Patrimonio da Humanidade - UNESCOPaísTelefériQo
(datas en formato YYYY-MM-DD do padrón ISO 8601)
1º milenio a.C.: Nómades indíxenas empezan a vivir na zona. Os Kitu-Kara poboaron o que é hoxe cidade de Quito en diferentes etapas. 1534-12-06: Fundación da cidade por un grupo de 205 conquistadores españois dirixidos por Sebastián de Benalcázar 1545-01-08: Fundación da Diocese de San Francisco de Quito polo papa Alessandro Farnese (Paulo III) 1563-08-29: Fúndase a Real Audiencia de Quito. 1586-03-18: Fundación da Universidade Central de Ecuador 1809-08-10: "Primeiro Grito de Independencia" de Quito 1822-05-24: Batalla do Pichincha 1824-06-25: Fúndase a provincia de Pichincha, con Quito como capital. 1830-05-13: Créase o estado de Ecuador, con Quito como capital, ao separarse da Gran Colombia. 1869-08-27: Fundación da Escola Politécnica Nacional 1932-08-29 a 09-01: Guerra dos Catro Días 1940-04: É inaugurada Radio Quito, estación de radio do diario O Comercio 1949-02-12: Radio Quito transmite unha versión falada en español da novela de 1898 The War of the Worlds (''A Guerra dos Mundos'') de H. G. Wells. Os oíntes malinterpretan a novela como unha nova de invasión extraterrestre e, tras darse conta do malentendido, incendian o edificio do diario El Comercio, onde estaba a estación de Radio Quito. No incendio morren seis persoas. 1960-08-06: Inaugúrase o Aeroporto Internacional Mariscal Sucre. 1976-03-28: Na lomba de El Panecillo, o décimo primeiro arcebispo de Quito, Pablo Muñoz Vega, inaugura a Virxe do Panecillo, unha estatua deseñada polo español Agustín de la Herrán Matorras e feita de bronce. 1978-09-18: Os centros históricos de Cracovia e Quito son os primeiros Patrimonios Culturais da Humanidade declarados pola UNESCO. 1987-03-05: Sismo de aproximadamente 7 na escala sismolóxica de Richter, con epicentro a aproximadamente 80 km de Quito, causa danos en edificios da cidade. 1993-12-27: Promúlgase Lei de Réxime para o Distrito Metropolitano de Quito que declara o Cantón Quito como "Distrito Metropolitano de Quito". 1995-12-17: O Municipio de Quito inaugura a primeira liña de trolebúses de Quito co nome de El Trole. 2005-04-20: Golpe de estado contra o goberno de Lucio Gutiérrez. 2005-07-02: O Municipio de Quito inaugura a liña de teleféricos para Cruz Loma co nome de Telefériqo (derivado de teleférico + Quito).
Engadir un novo comentario