Parque Arqueológico Nacional de Tierradentro

( Parque Arqueolóxico Nacional de Tierradentro )

O Parque Arqueolóxico Nacional de Tierradentro é un sitio arqueolóxico de Colombia, declarada Patrimonio da Humanidade en 1995 pola UNESCO por ser un importante reservorio da cultura precolombiana. Atópase no departamento de Cauca, nos concellos de Belalcázar e Inzá.

Os vestixios concéntranse nos arredores da poboación de San Andrés de Pisimbalá. As tumbas atópanse en varios sitios, sendo o máis representativo Segovia, que queda a 20 minutos a pé dos museos. O conxunto componse de El Duende, a 600 m ao nordeste de Segovia, San Andrés, situado 1500 m ao norte da sede administrativa, El Aguacate, sobre unha zona de difícil acceso e El Tablón, a 750 m ao nordeste de San Andrés de Pisimbalá. A topografía da área é abrupta, conserva vexetación primaria en pequena proporción e algúns animais silvestres. Os vestixios arqueolóxicos inclúen tumbas subterráneas ou hipoxeos, e estatuas de pedra, que dentro do parque se agrupan en cinco zonas: Alto del Aguacate, Alto de San Andrés...Ler máis

O Parque Arqueolóxico Nacional de Tierradentro é un sitio arqueolóxico de Colombia, declarada Patrimonio da Humanidade en 1995 pola UNESCO por ser un importante reservorio da cultura precolombiana. Atópase no departamento de Cauca, nos concellos de Belalcázar e Inzá.

Os vestixios concéntranse nos arredores da poboación de San Andrés de Pisimbalá. As tumbas atópanse en varios sitios, sendo o máis representativo Segovia, que queda a 20 minutos a pé dos museos. O conxunto componse de El Duende, a 600 m ao nordeste de Segovia, San Andrés, situado 1500 m ao norte da sede administrativa, El Aguacate, sobre unha zona de difícil acceso e El Tablón, a 750 m ao nordeste de San Andrés de Pisimbalá. A topografía da área é abrupta, conserva vexetación primaria en pequena proporción e algúns animais silvestres. Os vestixios arqueolóxicos inclúen tumbas subterráneas ou hipoxeos, e estatuas de pedra, que dentro do parque se agrupan en cinco zonas: Alto del Aguacate, Alto de San Andrés, Loma de Segovia, Alto del Duende e El Tablón. As instalacións do parque contan cun museo arqueolóxico e un etnográfico.

Photographies by:
Nelsonc - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
3381
Statistics: Rank
34357

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
218597634Click/tap this sequence: 3198
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Parque Arqueolóxico Nacional de Tierradentro ?

Booking.com
491.334 visits in total, 9.211 Points of interest, 405 Destinos, 21 visits today.