15 Temmuz Şehitler Köprüsü

( Ponte dos Mártires do 15 de xullo )

A ponte dos Mártires do 15 de xullo ou ponte do Bósforo (ponte Bosphorus) (turco: Boğaziçi Köprüsü, Boğaziçi Köprüsü ou Birinci Köprü) é unha ponte pénsil que liga a parte asiática coa parte europea da cidade de Istambul, Turquía, atravesando a canle do mesmo nome. Ten unha lonxitude de 1074 metros e posúe seis carrís (tres de cada banda).

Con todo, esta non é a ponte pénsil máis longa de Istambul. A ponte de Fatih Sultan Mehmet foi rematada en 1988, posúe unha lonxitude 1090 metros e atópase case a cinco quilómetros ao norte da primeira ponte. Durante as horas pico da cidade, estas dúas pontes sofren grandes atascos de tránsito. Ademais, as dúas pontes teñen estipulado unha peaxe de paso (actualmente de 3 YTL, un pouco menos de 2 euros) que se cobra só cando se pasa desde a parte europea á asiática. Este cobro de portaxe fai aínda máis importantes os atoamentos que se forman.

O proxecto de construción dunha ponte pénsi...Ler máis

O proxecto de construción dunha ponte pénsil sobre o estreito do Bósforo foi concibido polo goberno turco en 1950, levándose a cabo 20 anos despois, en 1970. A construción durou 3 anos, polo que o proxecto finalizou en 1973.

Desde o 23 de abril de 2007, esta ponte está iluminada mediante LEDs, co que se consegue un importante aforro enerxético.

Photographies by:
SALTOnline from Istanbul, Turkey - No restrictions
Statistics: Position
285
Statistics: Rank
251166

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
934265817Click/tap this sequence: 8293

Google street view

Where can you sleep near Ponte dos Mártires do 15 de xullo ?

Booking.com
487.376 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 2 visits today.