La Paz
( A Paz )
A Paz (en castelán: La Paz, e en aimará: Chuqi Yapu) é a capital administrativa e a sede do goberno de Bolivia. É o centro político, comercial e cultural máis importante do país sendo ademais a capital do departamento de La Paz. Cunha poboación estimada de 816 044 habitantes, en 2020, A Paz é a terceira cidade máis poboada do país, detrás de Santa Cruz de la Sierra e El Alto. A súa área metropolitana, que inclúe os concellos veciños de El Alto, Viacha, Achocalla e Mecapaca, é a segunda área metropolitana máis poboada do país, chegando a ter unha poboación estimada de 1,8 millóns de habitantes en 2020, sendo superada só pola área metropolitana de Santa Cruz, situada no leste de Bolivia, cunha poboación estimada de 2,3 millóns de habitantes.
Localizada no oeste de Bolivia, a 68 km ao sueste do lago Titicaca, A Paz está situada nun canón creado polo río Choqueyapu e está rodeada polas altas m...Ler máis
A Paz (en castelán: La Paz, e en aimará: Chuqi Yapu) é a capital administrativa e a sede do goberno de Bolivia. É o centro político, comercial e cultural máis importante do país sendo ademais a capital do departamento de La Paz. Cunha poboación estimada de 816 044 habitantes, en 2020, A Paz é a terceira cidade máis poboada do país, detrás de Santa Cruz de la Sierra e El Alto. A súa área metropolitana, que inclúe os concellos veciños de El Alto, Viacha, Achocalla e Mecapaca, é a segunda área metropolitana máis poboada do país, chegando a ter unha poboación estimada de 1,8 millóns de habitantes en 2020, sendo superada só pola área metropolitana de Santa Cruz, situada no leste de Bolivia, cunha poboación estimada de 2,3 millóns de habitantes.
Localizada no oeste de Bolivia, a 68 km ao sueste do lago Titicaca, A Paz está situada nun canón creado polo río Choqueyapu e está rodeada polas altas montañas do altiplano, entre elas o nevado Illimani, cuxa silueta foi un emblema importante da cidade dende a súa fundación. A unha altura media de 3650 msnm, A Paz é a metrópole máis alta do mundo. Por mor da súa elevación, A Paz ten un clima subtropical de altura, con veráns chuviosos e invernos secos.
A cidade da Paz foi fundada o 20 de outubro de 1548 polo capitán Alonso de Mendoza na localidade de Laja como parte do correxemento da Paz, e para servir como punto de descanso para os viaxeiros que transitaban entre Potosí e Cuzco.[1]
Tres días despois foi trasladada más ao leste, a un lugar de clima temperado localizado no limiar do altiplano,[2] onde inician os outeiros e o val chamado Chuquiago Marka[3]
↑ "Fundación de La Paz" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xaneiro de 2020. Consultado o 25 de agosto de 2020. ↑ "Aniversario de la Fundación de La Paz: 20 de Octubre". Alcaldía de La Paz. Consultado o 4 de xaneiro de 2015. ↑ "Chuquiago Marka, y la expansión de Tiwanaku". La Prensa. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 20 de decembro de 2014.
Engadir un novo comentario