Passau é unha cidade bávara nas ribeiras do Danubio e na fronteira con Austria. É denominada a cidade dos tres ríos porque ademais do Danubio atravésana os ríos Inn e Ilz. Segundo o censo de 2007 conta con máis de 50000 habitantes. A cidade vella (Altstadt) está bordeada polos ríos Danubio e Inn. O conxunto do termo municipal ten unha extensión de aproximadamente 70 km². Alexander von Humboldt, xeógrafo e etnógrafo alemán do século XVIII, considerábaa unha das cidades máis fermosas de Europa.

Historia

Tense constancia de asentamento de poboación no territorio onde está actualmente a cidade desde antes da chegada dos romanos. Os romanos construíron o castelo de Boiotro e integraron o territorio á provincia de Recia ata o ano 476 en que abandonaron a rexión. En 739 pasou a ser sede episcopal. Desde 1217 ten os privilexios de cidade episcopal de bispo-principe (Fürst) e no ano 1225 adquiriu categoría de cidade.

Passau é o lugar da orixe do Ausbund, o libro de cantos protestantes máis antergo e que aínda empregan hoxe en día os Amish nas súas liturxias. Este libro foi escrito entre 1535 e 1540 polos chamados Bautistas que foran presos na fortaleza da cidade e que despois da súa morte foron considerados mártires.

A cidade foi reconstruída baixo o mandato de arquitectos italianos despois do incendio de 1662, que a destruíu case totalmente. De aí vén a súa arquitectura barroca e que reclamen para si unha certa atmosfera mediterránea que a diferencia das cidades da súa contorna. É desde o ano 1803, e no contexto das guerras napoleónicas, pasa a formar parte de Baviera.

Debido aos tres ríos que a atravesan ten sido asolagada polas enchentes destes ríos e varias ocasións. A máis grave no ano 1954 aínda que no ano 2002 tiveron outro asolagamento importante.

Na historia recente da cidade está marcada como feito sinalado a fundación en 1978 da súa universidade. A máis recente das existentes en Baviera. Conta con 8000 estudantes, repartidos en cinco facultades: Teoloxía, Leis, Ciencias Económicas, Informática, Matemáticas e Filosofía. Debido a que o 12% dos estudantes son estranxeiros pola cantidade de convenios internacionais que asinou a universidade a cidade adquiriu carácter cosmopolita. A cidade experimentou un grande cambio desde a fundación da universidade que ten un peso importante tanto a nivel demográfico así como dinamizador cultural.

Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Passau
Photographies by:
Tina Chatzidis - CC BY-SA 4.0
Statistics: Position
3698
Statistics: Rank
30630

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
735149268Click/tap this sequence: 9918

Google street view

Where can you sleep near Passau ?

Booking.com
487.381 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 7 visits today.