Оймякон

( Oymyakon )

Oymyakon (ruso: Оймяко́н, iacut: Өймөкөөн, Öymököön) é unha localidade do Leste de Siberia (Rusia), xunto ó Río Indigirka, na República de Sakha, en 2010 tiña 462 habitantes. É coñecida por ter o marca de temperatura máis baixa nunha localidade permanentemente habitada, co valor de -71,2ºC (-96ºF), rexistrado en xaneiro de 1926.

Oymyakon sitúase a 63º 15' Norte de latitude e 143º 9' Este de lonxitude, cerca de 800 quilómetros ó leste de Yakutsk, unha das máis importantes cidades de Siberia.

O seu nome en lingua iacut significa «auga líquida» ou «auga que non se conxela», debido ás augas termais próximas ao asentamento.​ O inverno dura nove meses e é moi duro, os peixes conxelanse en só trinta segundos despois de ser sacados do río e gárdanse nos sotos das casas ao igual que o leite, que xamais é líquido, e a gasolina dos autobuses solidificase se se apaga o motor. Os habitantes al...Ler máis

Oymyakon (ruso: Оймяко́н, iacut: Өймөкөөн, Öymököön) é unha localidade do Leste de Siberia (Rusia), xunto ó Río Indigirka, na República de Sakha, en 2010 tiña 462 habitantes. É coñecida por ter o marca de temperatura máis baixa nunha localidade permanentemente habitada, co valor de -71,2ºC (-96ºF), rexistrado en xaneiro de 1926.

Oymyakon sitúase a 63º 15' Norte de latitude e 143º 9' Este de lonxitude, cerca de 800 quilómetros ó leste de Yakutsk, unha das máis importantes cidades de Siberia.

O seu nome en lingua iacut significa «auga líquida» ou «auga que non se conxela», debido ás augas termais próximas ao asentamento.​ O inverno dura nove meses e é moi duro, os peixes conxelanse en só trinta segundos despois de ser sacados do río e gárdanse nos sotos das casas ao igual que o leite, que xamais é líquido, e a gasolina dos autobuses solidificase se se apaga o motor. Os habitantes aliméntanse de carne de cabalo e reno. O curto período estival permite obter algúns vexetais, ausentes dos hábitos alimentarios durante todo o resto do ano.

A escola pecha cando as temperaturas se sitúan por baixo dos -52 °C. A tinta das estilográficas conxélase habitualmente, e todo o equipamento electrónico presenta un mal comportamento en función das diferentes reaccións de dilatación e contracción dos metais a temperaturas extremadamente baixas.

Photographies by:
Statistics: Position
3302
Statistics: Rank
99037

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
659714283Click/tap this sequence: 1186
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Oymyakon ?

Booking.com

What can you do near Oymyakon ?

8.711.845 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 9.343 visits today.