Ouro Preto

Ouro Preto é unha cidade do estado brasileiro de Minas Xerais. Sitúase a 99 km da capital, Belo Horizonte, por estrada asfaltada. É unha das máis antigas cidades de Minas Xerais, e foi fundada despois da descoberta de ouro na rexión.

A actividade mineira foi o sector máis importante da súa economía no período colonial brasileiro, pero hoxe as antigas minas de ouro xa se esgotaron. Non obstante, a riqueza do pasado mineiro aínda hoxe axuda a economía local, ó atraer turistas que buscan coñecer as súas construcións do rico período colonial. Ouro Preto ten o máis extenso conxunto preservado de construcións coloniais do século XVIII nas Américas, e foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO.

Ademais do turismo histórico, o municipio ten locais para o turismo ecolóxico nas paisaxes naturais ó redor da cidade. Posúe tamén unha universidade pública, a Universidade Federal de Ouro Preto (UFOP), con máis de 5 mil estudantes.

Photographies by:
Zones
Statistics: Position
7673
Statistics: Rank
37777

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
584139726Click/tap this sequence: 3934
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Ouro Preto ?

Booking.com
8.723.378 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 9.516 visits today.