O Óblast Autónomo Hebreo (ruso: Еврейская автономная область, yiddisch: ייִדישע אװטאָנאָמע געגנט, yidixe avtonome gegnt) é un suxeito federal de Rusia. Limita co krai de Khabarovsk ao norte, co óblast de Amur ao leste e con Heilongjiang (República Popular da China) ao sur. Ten unha área de 36.000 km² e unha poboación de 190.915 (censo ruso (2002)), dos cales tan só un 1,2% son xudeus, a poboación é principalmente rusa (case o 90%).

A división administrativa xudía fundouse coa axuda do Komzet en 1928 como o Distrito Nacional Xudeu. Foi resultado da política das nacionalidades de Stalin, en que cada grupo nacional da Unión Soviética recibía un territorio con autonomía cultural no seo do socialismo. A idea era crear un novo Zión, onde a cultura proletaria xudía puidera desenvolverse co yiddish como a lingua que dese cobertura aos xudeus no canto do hebreo que promovía o sionismo en Palestina. O territorio p...Ler máis

O Óblast Autónomo Hebreo (ruso: Еврейская автономная область, yiddisch: ייִדישע אװטאָנאָמע געגנט, yidixe avtonome gegnt) é un suxeito federal de Rusia. Limita co krai de Khabarovsk ao norte, co óblast de Amur ao leste e con Heilongjiang (República Popular da China) ao sur. Ten unha área de 36.000 km² e unha poboación de 190.915 (censo ruso (2002)), dos cales tan só un 1,2% son xudeus, a poboación é principalmente rusa (case o 90%).

A división administrativa xudía fundouse coa axuda do Komzet en 1928 como o Distrito Nacional Xudeu. Foi resultado da política das nacionalidades de Stalin, en que cada grupo nacional da Unión Soviética recibía un territorio con autonomía cultural no seo do socialismo. A idea era crear un novo Zión, onde a cultura proletaria xudía puidera desenvolverse co yiddish como a lingua que dese cobertura aos xudeus no canto do hebreo que promovía o sionismo en Palestina. O territorio próximo á fronteira con Manchuria, controlado polo Xapón, estaba practicamente deshabitado debido ás duras condicións xeográficas da rexión, a política de creación dun ente xudeu recibiu apoio internacional e chegaron á rexión tamén uns 1400 xudeus norteamericanos, arxentinos, palestinos e europeos. Despois das purgas dos xefes locais en 1936-1938 quedaban 20.000 xudeus no territorio. En 1946-1948 dáselle un novo pulo ao establecemento de xudeus na rexión que chegan ata 30.000. En 1961 era o 8,8% da poboación do distrito (14.269 xudeus) con apenas cargos xudeus de relevo, e contaban tan só cun xornal de dúas páxinas.



Photographies by:
Unknown authorUnknown author - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
362
Statistics: Rank
214410

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
176324859Click/tap this sequence: 8962

Google street view

Where can you sleep near Óblast Autónomo Hebreo ?

Booking.com
489.135 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 41 visits today.