Hatuey

Hatuey, finado o 2 de febreiro de 1512, foi un cacique taíno orixinario da illa da Española que viviu durante o século XVI e marchou á illa de Cuba durante a conquista española. Conseguiu un status case lendario por liderar un grupo de nativos contra a invasión dos españois, e converteuse nun dos primeiros loitadores contra o colonialismo no Novo Mundo. É considerado como o "primeiro heroe nacional de Cuba". O filme de 2010, También la lluvia inclúe unha representación cinematográfica da execución de Hatuey.

Destinos