Newgrange (en irlandés: Sí an Bhrú) é un monumento prehistórico do condado de Meath, en Irlanda, que se atopa a un quilómetro do río Boyne. Foi construído no período Neolítico arredor do -3000 ou no -2500, sendo máis antigo que Stonehenge ou as Pirámides exipcias. O sitio está formado por un gran montículo circular cunha pasaxe e cámaras interiores de pedra. O montículo ten un muro de contención na parte dianteira e está rodeado por bordillos gravados. Non existe acordo sobre a finalidade do sitio, pero tense especulado sobre o seu significado relixioso – xa que está aliñado co sol nacente e a súa luz inunda a cámara no solsticio de inverno. É o máis importante monumento do complexo neolítico de Brú na Bóinne, xunto coas tumbas de corredor de Knowth e Dowth, que están declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Newgrange tamén comparte moitas semellanzas con outras construcións neolíticas de Europa occidental, como Mae...Ler máis

Newgrange (en irlandés: Sí an Bhrú) é un monumento prehistórico do condado de Meath, en Irlanda, que se atopa a un quilómetro do río Boyne. Foi construído no período Neolítico arredor do -3000 ou no -2500, sendo máis antigo que Stonehenge ou as Pirámides exipcias. O sitio está formado por un gran montículo circular cunha pasaxe e cámaras interiores de pedra. O montículo ten un muro de contención na parte dianteira e está rodeado por bordillos gravados. Non existe acordo sobre a finalidade do sitio, pero tense especulado sobre o seu significado relixioso – xa que está aliñado co sol nacente e a súa luz inunda a cámara no solsticio de inverno. É o máis importante monumento do complexo neolítico de Brú na Bóinne, xunto coas tumbas de corredor de Knowth e Dowth, que están declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Newgrange tamén comparte moitas semellanzas con outras construcións neolíticas de Europa occidental, como Maeshowe nas illas Órcadas, en Escocia e Bryn Celli Ddu en Gales.

Photographies by:
Tjp finn - CC BY-SA 4.0
Statistics: Position
1611
Statistics: Rank
80659

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
512967483Click/tap this sequence: 5346
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Newgrange ?

Booking.com
491.447 visits in total, 9.211 Points of interest, 405 Destinos, 73 visits today.