نهر النيل

( Nilo )

O río Nilo (النيل en árabe) é o maior río de África, que flúe en dirección norte a través de dez países —Burundi, Ruanda, Tanzania, Uganda, Kenya, República Democrática do Congo, o Sudán do Sur, o Sudán, Exipto e Etiopía— ata desaugar no extremo sueste do mar Mediterráneo, formando o gran delta do Nilo, sobre o que están situadas as cidades do Cairo e Alexandría. Ten unha lonxitude de 6853 km, o segundo río más longo do mundo, tras o Amazonas.

A fonte máis afastada do lago Vitoria é o río Kagera, localizado ao oeste de Tanzania. Se se considera este como fonte do Nilo, o seu nacemento sería o curso de auga máis longo dos que desembocan no Mediterráneo, sendo o Nilo-Kagera o segundo río máis longo do mundo, cunha lonxitude de 6853 quilómetros. Durante séculos foi considerado o río máis longo do mundo; con todo, medicións dos anos 2007 e 2008 redefiniron o nacemento do Amazonas na conca do río Apurímac ao sur do Perú, designándoo como o...Ler máis

O río Nilo (النيل en árabe) é o maior río de África, que flúe en dirección norte a través de dez países —Burundi, Ruanda, Tanzania, Uganda, Kenya, República Democrática do Congo, o Sudán do Sur, o Sudán, Exipto e Etiopía— ata desaugar no extremo sueste do mar Mediterráneo, formando o gran delta do Nilo, sobre o que están situadas as cidades do Cairo e Alexandría. Ten unha lonxitude de 6853 km, o segundo río más longo do mundo, tras o Amazonas.

A fonte máis afastada do lago Vitoria é o río Kagera, localizado ao oeste de Tanzania. Se se considera este como fonte do Nilo, o seu nacemento sería o curso de auga máis longo dos que desembocan no Mediterráneo, sendo o Nilo-Kagera o segundo río máis longo do mundo, cunha lonxitude de 6853 quilómetros. Durante séculos foi considerado o río máis longo do mundo; con todo, medicións dos anos 2007 e 2008 redefiniron o nacemento do Amazonas na conca do río Apurímac ao sur do Perú, designándoo como o río máis longo do mundo.

O Nilo está situado ao nordeste do continente africano e tomou a súa actual configuración o final da era terciaria. O Nilo ten dous tributarios claros ou fontes principais: o Nilo Branco e o Nilo Azul dos cales o primeiro é máis longo. O primeiro atravesa os Grandes Lagos de África, tendo a súa fonte máis distante en Ruanda (2°16′55.92″S, 29°19′52.32″E), e flúe cara ao norte por Tanzania, o lago Vitoria, Uganda, o Sudán do Sur e o Sudán. O Nilo Azul, chamado Abay polos etíopes, nace ao noroeste de Etiopía en Gish Abay; ao pouco do seu nacemento abastece ao lago Tana e continúa fluíndo cara o sueste; uns 30 quilómetros despois forma as fervenzas do Nilo Azul e continúa o seu curso nesa dirección ata que toma a dirección noroeste, para entrar no Sudán polo sueste deste país. Os dous ríos xúntanse xusto ao norte da capital sudanesa de Khartún.

A parte do norte do río flúe case completamente polo deserto, entre Sudán e Exipto, unha zona cuxa civilización dependeu do río desde hai milenios. A maior parte da poboación de Exipto e todas as súas cidades —fóra das do delta do Nilo e os oasis— atópanse ao longo do val do Nilo (ao norte de Asuán), e a maioría dos lugares de interese cultural e histórico áchanse ao longo das ribeiras do río. A desembocadura do río conforma o delta do Nilo, que desemboca no mar Mediterráneo.

Historia
 
A confluencia dos ríos Kagera Ruvubu preto das cataratas de Rusumo, no curso alto.

O Nilo foi a fonte de vida dos antigos exipcios. As súas beiras foron ocupadas desde a Idade da Pedra. Unha mudanza climática ou talvez a desertificación por exceso de pastoreo, desecaron as terras pastorís de Exipto para formar o deserto do Sáhara, posibelmente hai 10.000 anos, e os seus habitantes emigrarían cara o río, onde desenvolveron unha sociedade agrícola e máis centralizada.

Eonilo

Estímase que o actual río Nilo é, polo menos, o quinto río que fluíu cara ao norte desde as terras altas etíopes. As imaxes de satélite usadas para identificar cursos de auga secos no deserto ao oeste do Nilo, móstrannos un canón, Eonilo, agora recheo polo fluxo superficial. Isto representa un antigo Nilo chamado Eonilo que fluíu durante o Mioceno (de 23 a 5,3 millóns de anos antes do presente). O Eonilo transportou sedimentos ata o Mediterráneo, e varios campos de gas foron descubertos dentro destes sedimentos. Durante o Mioceno tardío produciuse a crise salina do Messiniense, cando o mar Mediterráneo quedou illado e se evaporou, e o Nilo baixou o seu curso a un novo nivel que estaba centos de metros baixo o nivel do océano en Asuán e 2400 metros por baixo do Cairo.[1] Este enorme canón que se formou está agora repleto de sedimentos.

Nilo integrado

Hai dúas teorías en relación á idade do Nilo integrado: A primeira é que a drenaxe integrada do Nilo é de idade nova, que a conca do Nilo rompeu nunha serie de concas separadas e só a conca de máis ao norte tivo un río seguindo o curso actual do Nilo en Exipto.[2] Outra teoría proposta é que a drenaxe de Etiopía a través de ríos como o Nilo Azul ou o Atbarah/Takazze fluíu ao mar Mediterráneo a través do Nilo exipcio desde a era terciaria.[3]

Salama, en 1987, suxeriu que durante o Terciario houbo unha serie de concas continentais separadas, cada conca ocupando un das principais gretas sudanesas: a greta Mellut, a greta do Nilo Branco, a greta do Nilo Azul, a greta do Atbara e a greta Sag El Naam.[4] A conca da greta de Mellut é de case 12 quilómetros de profundidade na súa parte central e posiblemente aínda está activa. O sistema da greta do Nilo Branco, aínda que é máis baixo que o Bahr El Arab, é aproximadamente de 9 quilómetros de profundidade.

A exploración xeofísica do sistema da greta do Nilo Azul estimou a profundidade dos sedimentos aproximadamente entre os 5 e os 9 quilómetros. Estas concas non foron interconectadas ata despois de que cesase o seu afundimento e a acumulación de sedimentos fose suficiente para encher as concas a tal nivel que permitise a conexión. Ao encherse as depresións conectáronse o Nilo exipcio e o sudanés que captaba as augas etíopes e ecuatoriais durante as últimas etapas das actividades tectónicas.[5] O río Atbara desbordouse e pechou a súa conca durante os períodos húmidos, fai entre 100 000 e 120 000 anos. O Nilo Azul conectouse ao Nilo principal fai entre 70 000 e 80 000 anos. A conexión do Nilo Vitoria produciuse aproximadamente fai 12 500 anos.

Papel na fundación da civilización exipcia
 
Reconstrución da ecúmene baseada na descrición de Heródoto. século V a.C.

O sustento xogou un papel crucial na fundación da civilización exipcia e o Nilo foi unha fonte inesgotable do mesmo. O Nilo, cando se desbordaba cada ano, facía que as súas ribeiras fosen sumamente fértiles. Foi grazas a iso que os exipcios foron capaces de cultivar trigo, cebada e liño, ademais o río achegaba abundantes peixes e papiro. Todo isto posibilitaba obter alimento suficiente para toda a poboación e outros importantes recursos, co que se evitaban en xeral posibles fames negras, moi frecuentes no Próximo Oriente debido á irregularidade das colleitas. Así mesmo, a auga do Nilo atraeu os búfalos de auga e, despois de que os persas o introducisen no século VII a.C., o camelo. Estes animais podían ser ser capturados, sacrificados a fin de consumir a súa carne, domesticados, usados para arar e mesmo para viaxar no caso dos camelos. O Nilo era tamén unha vía eficiente e cómoda de transporte de mercadorías e persoas: utilizábase como vía fluvial para transporte comercial ou recreativo.

A estabilidade do Exipto antigo foi unha das mellor estruturadas da historia e dise que foi resultado inmediato da fertilidade do Nilo. O Nilo tamén proporcionaba liño para comerciar. Tamén se comerciaba co trigo, unha colleita crucial no Oriente Medio, onde as fames eran frecuentes. Este sistema de intercambio asegurou a relación diplomática de Exipto con outros países e contribuíu á súa estabilidade económica. Tamén fornecía recursos como alimentos e diñeiro que permitían recrutar un exército, fose para a defensa ou para a expansión imperial.

No sistema ideolóxico-relixioso exipcio, o faraón era o responsable das inundacións do Nilo e, en agradecemento pola auga e as colleitas, os labregos cultivaban o fértil solo e enviábanlle unha porción dos recursos obtidos o propio faraón, que se encargaba de usalos en ben da sociedade. A súa relevancia espiritual era tan grande que os exipcios crearon un deus dedicado á inundación anual do Nilo, o deus Hapi, que xunto ao faraón controlaba a crecida. O río tamén se consideraba como o camiño da vida á morte e o alén. O leste era o lugar do nacemento e a vida e o oeste o da morte, segundo o deus Ra, o sol, pasaba do nacemento á morte e a resurrección cada vez que cruzaba os ceos. Por esta razón, todas as tumbas se localizaban ao oeste do Nilo, porque os exipcios crían que, para entrar no alén, tiñan que ser enterrados no lado que simbolizaba a morte.[6]

O historiador grego Heródoto escribiu que "Exipto é o regalo do Nilo", e non sen razón. Sen a irrigación posibilitada polas augas do Nilo, a civilización exipcia probablemente sería efémera. O Nilo proporcionou os elementos que posibilitaron a eclosión e o desenvolvemento dunha gran civilización que perdurou tres mil anos. O comercio foi continuo no Nilo desde hai miles de anos, como podemos ver no óso de Ishango, posiblemente a proba máis coñecida da multiplicación por duplicación exipcia que foi descuberto preto do lago Eduardo, no nordés do Congo e que foi datado cara ao ano 20 000 a. C., no Paleolítico superior.

A procura das fontes do Nilo
 
o Nilo na revista National Geographic, número 31 de 1917.
 
Fervenzas do Nilo Azul en Etiopía.
 
o Nilo visto desde o templo de Isis. O seu actual emprazamento é a illa Agilkia.

A pesar dos intentos dos antigos gregos e romanos (que non foron quen de penetrar o Sudd), a bacía superior do Nilo permaneceu inexplorada na súa maior parte. Varias expedicións fracasaron en determinar as fontes do río, producindo as representacións clásicas helenística e romana do río como un deus home co seu rostro e cabeza cubertos por teas. O historiador e xeógrafo grego do século II a. C. Agatarcides rexistra que, en tempos de Tolomeo II Filadelfo, unha expedición militar penetrara o suficiente no curso do Nilo Azul para determinar que as inundacións estivais se debían a tormentas estacionais nas Terras Altas etíopes, mais non se sabe de ningún europeo que chegase ao lago Tana na Antigüidade, para canto máis alén da antiga cidade de Meroe.

Os europeos practicamente non conseguiron novos datos sobre as orixes do Nilo ata os séculos XV e XVI, cando viaxeiros por Etiopía visitaron o lago Tana e mesmo a fonte do Nilo Azul nas montañas ao sur do lago. A pesar de que James Bruce declarou ser o primeiro europeo en visitar esa fonte, escritores modernos con mellores coñecementos danlle o crédito ao xesuíta español Pedro Páez. A descrición de Páez da fonte do Nilo (Historia de Etiopía, c.1622) non foi publicado integramente ata comezos do século XX. Este texto é unha longa e vívida descrición de Etiopía. Con todo o relato aparece reflectido en varios escritos contemporáneos á súa composición, como a Historia geral da Ethiopia a Alta (Balthazar Telles, 1660), Mundus Subterraneus (Athanasius Kircher, 1664) ou O Estado Actual de Exipto (Johann Michael Vansleb, 1678). Os europeos viviran no país desde finais do século XV, e é posible que algún deles visitase a fonte anteriormente, pero foi incapaz de enviar un relato cos seus descubrimentos fóra de Etiopía. O portugués Jerónimo Lobo tamén describe a fonte do Nilo Azul, visitándoa pouco despois de Pedro Páez. O seu relato tamén aparece na obra de Balthazar Telles.

O Nilo Branco era máis misterioso e incomprendido, e os antigos pensaban, erroneamente, que o río Níxer representaba a bacía superior do Nilo. Plinio o Vello, por exemplo, escribiu que tiña as súas orixes "nunha montaña da Mauritania inferior", fluía sobre a terra durante "moitos días", pasaba logo baixo terra, reaparecía como un lago grande nos territorios dos Masaesilos, tornábase subterráneo outra vez baixo o deserto "durante unha distancia de 20 días até chegar aos etíopes" (Naturalis historial 5.10). Un mercador chamado Dióxenes afirmaba ter viaxado terra a dentro desde Rhapta, no leste de África, durante vinte e cinco días, até chegar ás fontes do Nilo nas Montañas da Lúa, aínda que se sospeita da veracidade desta historia.

As fontes do Nilo Branco ficaron ignotas até o século XIX, cando John Hanning Speke foi o primeiro en identificalas co lago Vitoria cando alcanzou a súa beira sur durante a súa viaxe de exploración polo África central con Richard Francis Burton e cuxo obxectivo era localizar os Grandes Lagos. Crendo atopar a fonte do Nilo ao ver por vez primeira esta «gran extensión de augas abertas», Speke deulle o nome da soberana do Reino Unido de entón. Burton, que se estivo recuperando dunha enfermidade descansando algo máis ao sur, nas esquinas do lago Tanganica, montou en cólera ao saber que Speke dera por demostrado que o seu descubrimento era a auténtica fonte do Nilo, cando Burton considerábao aínda como algo sen certificar. O que seguiu foi unha gran pelexa pública, que non só orixinou un intenso debate dentro da comunidade científica da época, senón que incitou a moitos outros exploradores para confirmar ou refutar o descubrimento de Speke. En virtude desta polemica, Speke, volveu uns anos despois (en outubro de 1860) para demostrar que os seus cálculos eran correctos, e descubriu as cataratas Ripon, que intuíu eran onde nacía o Nilo. Esta vez volveu polo lado norte, aínda que non puido facelo seguindo todo o curso do Nilo por problemas coas tribos veciñas, seguiu a dirección norte ata Gondokoro (Sudán) onde se atopou con Samuel Baker e a súa esposa que ían río arriba, e terminou de atravesar Exipto para volver a Inglaterra. O coñecido explorador e misioneiro británico David Livingstone fracasou no seu intento de confirmar as aseveracións de Speke ao desprazarse demasiado ao oeste e entrar na conca do Congo. Finalmente foi o explorador galés Henry Morton Stanley quen confirmou a veracidade do descubrimento de Speke ao circunnavegar o lago Vitoria e describir a gran saída de auga das cataratas Ripon na beira norte. Foi durante esta viaxe no que se supón que Stanley saudou ao explorador británico coas palabras «O doutor Livingstone, supoño?» ao atopar ao escocés enfermo e abatido no seu campamento á beira do lago Tanganica.

Expedicións recentes
 
Confluencia dos ríos Kagera e o Ruvubu preto das cataratas Rusumo.

A expedición o Nilo Branco, dirixida polo surafricano Hendri Coetzee e patrocinada pola National Geographic Society, foi a primeira en navegar o Nilo na súa integridade. A expedición partiu da fonte do Nilo en Uganda o 17 de xaneiro de 2004 e chegou ao mar Mediterráneo exactamente en Rosetta catro meses e dúas semanas máis tarde. National Geographic produciu unha película sobre esta expedición cara a finais de 2005 e titulouna O río máis longo.[7][8]

O 28 de abril de 2004, o xeólogo Pasquale Scaturro e o seu compañeiro, o practicante de kaiak e cineasta documental Gordon Brown foron os primeiros en navegar o Nilo Azul, desde o lago Tana en Etiopía ás praia s de Alexandría sobre o mar Mediterráneo. Aínda que a súa expedición incluíu a varios compoñentes estes dous foron os únicos que permaneceron a viaxe completa. Filmaron a súa aventura cunha cámara IMAX e emitírona nunha película denominada O misterio do Nilo ademais de escribir un libro co mesmo título.[9]

O 30 de abril de 2005, un equipo conducido polos surafricanos Peter Meredith e Hendri Coetzee, foron os primeiros en navegar a parte máis remota do río Nilo, o río Akagera que comeza en Rukarara no bosque de Nyungwe en Ruanda. O 31 de marzo de 2006, tres exploradores de Gran Bretaña e Nova Zelandia, liderados por Neil McGrigor reclamaron ser os primeiros en viaxar polo río desde unha nova fonte na selva tropical de Nyungwe en Ruanda, descubrindo que o Nilo é 107 quilómetros máis longo que o que estaba previsto anteriormente.[10]

The Eonile Arquivado 28 de xullo de 2011 en Wayback Machine., spiritus-temporis.com, Consultado o 26 de setembro de 2008 Said, R. (1981). The geological evolution of the River Nile. Springer-verleg. Williams, M.A.J. and Williams, F. (1980). Evolution of Nile Basin. In M.A.J. Williams and H. Faure (eds), The Sahara and the Nile. Balkema, Rótterdam, pp 207–224. Salama, R.B. (1987). "The evolution of the River Nile, The buried saline rift lakes in Sudan". J. African Earth Sciences 6 (6): pp 899–913. doi:10.1016/0899-5362(87)90049-2.  Salama, R.B. (1997). Rift Basins of Sudan. African Basins, Sedimentary Basins of the World. 3. Edited by R.C. Selley (Series Editor K.J. Hsu) p. 105–149. ElSevier, Ámsterdam. María José Rubín. sobreegipto.com, ed. "La barca solar, viaje al más allá]" (en castelán). Consultado o 19 de novembro do 2019.  THE LONGEST RIVER Arquivado 31 de outubro de 2014 en Wayback Machine., liquidlife.co.uk, Consultado o 19 de novembro de 2019 kayakthenile.com. "Who we are - Kayak the Nile.com" (en inglés). Archived from the original on 25 de xullo de 2008. Consultado o 19 de novembro do 2019.  Episode: Pasquale Scaturro, First Nile Descent Expedition Leader (2003-2004): «The Exploration of the Great Rivers of Africa» -15 de abril de 2007 Arquivado 20 de agosto de 2009 en Wayback Machine., podnova.com, Consultado el 25 de setembro de 2008 Neil McGrigor Arquivado 23 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.(en inglés), probertencyclopaedia.com, Consultado o 19 de novembro do 2019
Photographies by:
Fanny Schertzer - CC BY-SA 4.0
Zones
Statistics: Position
1367
Statistics: Rank
88827

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
395876241Click/tap this sequence: 4341

Google street view

Where can you sleep near Nilo ?

Booking.com
487.375 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 1 visits today.