نقش رستم

( Naqsh-e Rostam )

Naqsh-e Rostam ou Nakhsh-i-Rostam ou Naqs-i-Rustam (persa نقش رستم, Naqš-e Rostam) é un sitio arqueolóxico situado a uns 3 km ao noroeste de Persépole, na provincia de Fars en Irán. Este emprazamento é chamado Næqš-e Rostæm "o retrato de Rostam", porque os persas pensaban que os baixorrelevos sasánidas baixo as tumbas representaban a Rostam, un heroe mitolóxico persa.

É unha parede rochosa que contén catro tumbas reais aqueménidas rupestres, cruciformes e con baixorrelevos. Unha destas, segundo as inscricións que presenta, sería a tumba de Darío I. As outras tres tumbas que se atopan a rentes da de Darío I, serían as de Xerxes I, Artaxerxes I e Darío II mais non levan ningunha inscrición que permita identificalas con certeza. Atópase na montaña de detrás de Persépole outras dúas tumbas semellantes, pertencentes probablemente a Artaxerxes II e Artaxerxes III, o mesmo que unha tumba inacabada que podería ser a de Arsés, ou máis seguramente de Darío III, o derradei...Ler máis

Naqsh-e Rostam ou Nakhsh-i-Rostam ou Naqs-i-Rustam (persa نقش رستم, Naqš-e Rostam) é un sitio arqueolóxico situado a uns 3 km ao noroeste de Persépole, na provincia de Fars en Irán. Este emprazamento é chamado Næqš-e Rostæm "o retrato de Rostam", porque os persas pensaban que os baixorrelevos sasánidas baixo as tumbas representaban a Rostam, un heroe mitolóxico persa.

É unha parede rochosa que contén catro tumbas reais aqueménidas rupestres, cruciformes e con baixorrelevos. Unha destas, segundo as inscricións que presenta, sería a tumba de Darío I. As outras tres tumbas que se atopan a rentes da de Darío I, serían as de Xerxes I, Artaxerxes I e Darío II mais non levan ningunha inscrición que permita identificalas con certeza. Atópase na montaña de detrás de Persépole outras dúas tumbas semellantes, pertencentes probablemente a Artaxerxes II e Artaxerxes III, o mesmo que unha tumba inacabada que podería ser a de Arsés, ou máis seguramente de Darío III, o derradeiro rei da dinastía aqueménida, que foi derrocado por Alexandre Magno.

A tumba de Darío é un dos dous modelos de tumbas que existiron na arte persa do período aqueménida. Trátase dunha tumba escavada na rocha como os hipoxeos exipcios. O outro modelo é o da tumba de Ciro en Pasargadas,

Hai tamén sete grandes baixorrelevos na rocha de Naqsh-e Rustam, baixo as tumbas, esculturas mandadas polos reis sasánidas.

Fronte á rocha atópase Ka'ba-i-Zartosht, un monumento zoroástrico. Na extremidade do sitio atópanse dous pequenos altares de lume.

Photographies by:
Stefan Krasowski from New York, NY, USA - CC BY 2.0
Statistics: Position
1878
Statistics: Rank
67386

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
291486357Click/tap this sequence: 3915

Google street view

Where can you sleep near Naqsh-e Rostam ?

Booking.com
489.981 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 30 visits today.