Mosteiro dos Jerónimos

( Mosteiro dos Xerónimos )

Monumento á riqueza dos Descubrimentos, o Mosteiro dos Xerónimos sitúase en Belém, Lisboa, á entrada do Río Texo. Constitúe o punto máis alto da arquitectura manuelina e o máis notábel conxunto monástico do século XVI en Portugal e unha das principais igrexas-salón da Europa.

Destaca o seu claustro, completo en 1544, e a porta sur, de complexo deseño xeométrico, de fronte para o río Texo. Os elementos decorativos están repletos de símbolos da arte da navegación e de esculturas de plantas e animais exóticos.

O monumento forma parte da Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO, e o 7 de xullo de 2007 foi elixido como unha das sete marabillas de Portugal.

Historia

Encomendado polo rei Manuel I, pouco despois de Vasco da Gama regresar da a súa viaxe á India, financiouse en gran parte polos lucros do comercio de especias. Escollido o lugar, xunto ao río en Santa María de Belén, iníciase en 1502 a obra con varios arquitectos e construtores, entre eles Diogo Boitaca (plano inicial e parte da execución) e João de Castillo (bóvedas das naves e do transepto – esta cunha rede de nervuras en forma de estrela –, piares, porta sur, sancristía e fachada) que substitúe o primeiro en 1516/17. No reinado de Xoán III engadiuse o coro alto.

Deriva o nome por serlle entregada á Orde de san Xerónimo, nel estabelecida ata 1834. Sobreviviu ao sismo de 1755 mais foi danado polas tropas invasoras francesas enviadas por Napoleón Bonaparte no inicio do século XIX.

Inclúe, entre outros, os túmulos dos reis Manuel I e a súa muller, María, Xoán III e a súa muller Catarina, Sebastián e Henrique e aínda os de Vasco da Gama, de Luís Vaz de Camões, de Alexandre Herculano e de Fernando Pessoa.

Despois de 1834, coa expulsión das ordes relixiosas, o templo dos Xerónimos destinouse a igrexa parroquial da freguesía de Santa María de Belén.

Nunha extensión construída en 1850 está localizado o Museo Nacional de Arqueoloxía. O Museo da Mariña sitúase na ala oeste.

Photographies by:
Statistics: Position
475
Statistics: Rank
295066

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
768932541Click/tap this sequence: 6581
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Mosteiro dos Xerónimos ?

Booking.com

What can you do near Mosteiro dos Xerónimos ?

9.003.975 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 1.314 visits today.