Padrão dos Descobrimentos

( Monumento aos Descubrimentos )

O Monumento aos Descubrimentos ou Monumento aos Navegantes localízase na freguesía de Belém, na cidade e distrito de Lisboa, en Portugal. O concepto arquitectónico é de Cottinelli Telmo e as esculturas son de Leopoldo de Almeida.

Atópase na marxe dereita do río Texo e o monumento orixinal, feito con materiais perecedoiros, foi erguido en 1940 co gallo da Exposición do Mundo Portugués para homenaxear as figuras históricas relacionadas coa era dos Descubrimentos portugueses. A réplica actual, de formigón e pedra, é posterior, sendo inaugurada en 1960.

Historia
 
Parte leste do monumento, con remate onde destaca a figura maxestosa do Infante D. Henrique.

O monumento foi pensado inicialmente por Cottinelli Telmo como unha homenaxe ao Infante D. Henrique, dentro dun conxunto de varios proxectos e concursos para Sagres, realizados ao longo dos anos sen que ningún chegase a ser construído. Co gallo da Exposición do Mundo Portugués de 1940, da que Cottinelli Telmo foi arquitecto xefe, transformouse en Monumento dos Descubrimentos, homenaxeando non só o Infante, mais tamén os seus colaboradores e seguidores. Concibido por Cottinelli Telmo e polo escultor Leopoldo de Almeida (autor das estatuas) para esa grande exposición, o monumento inicial foi realizado no curto espazo de tempo de oito meses. Feito de materiais perecedeiros, foi desmontado en 1958 e reconstruído nos anos seguintes en formigón e pedra calcaria, por decisión de Salazar e con ocasión do 5º centenario do Infante. O monumento ergueuse no lugar orixinal, en Belém.[1][2]

Considerado unha peza emblemática da Exposición do Mundo Portugués, "o grito da exposición e unha síntese do noso pasado glorioso" (cartel da época), o Monumento aos Descubrimentos foi amplamente eloxiado (Fernando de Pamplona, Ocidente, 1941; Costa Lima, Brotéria; etc.), mesmo por voces discordantes como a de Adriano de Gusmão (O Diabo, 16-11-1940), que xa daquela desexou, como outros, velo "para sempre trasladado ao mármore ou granito". O monumento actual foi inaugurado en 1960 no contexto das conmemoracións dos cincocentos anos da morte do Infante D. Henrique.[1][2]

En 1985 o interior foi remodelado, dotándoo dun miradoiro, auditorio e salas de exposicións. O monumento foi daquela inaugurado como Centro Cultural das Descubertas.[3]

↑ 1,0 1,1 A.A.V.V. - Os Anos 40 na Arte Portuguesa (tomo 1). Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian, 1982, p. 60 ↑ 2,0 2,1 França, José Augusto – A arte em Portugal no século XX [1974]. Lisboa: Bertrand Editora, 1991, p. 224, 281. "Padrão dos Descobrimentos". EGEAC - Padrão dos Descobrimentos. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2014. Consultado o 20 de agosto de 2020. 
Photographies by:
HGW-VW24 - Public domain
Statistics: Position
1849
Statistics: Rank
68407

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
195682374Click/tap this sequence: 6967

Google street view

Where can you sleep near Monumento aos Descubrimentos ?

Booking.com
489.867 visits in total, 9.197 Points of interest, 404 Destinos, 32 visits today.