Monumento da Renacenza Africana

O Monumento da Renacenza Africana (en francés Monument de la Renaissance africaine) é unha estatua monumental en bronce de 49 metros de altura que conmemora o 50 aniversario da independencia do Senegal e que chama para a realización dunha nova Renacenza Africana, localízase preto do Océano Atlántico, nun dos outeiros xemelgos coñecidos como Deux Mamelles en Oukam, un concello dos arredores de Dacar. A estatua deseñouna o arquitecto Pierre Goudiaby Atepa so unha idea do presidente Abdoulaye Wade encargándose as obras a unha compañía de Corea do Norte que comezou cos preparativos no outeiro en 2006 aínda que a construción da estatua non principiou ata o 3 de abril de 2008 inaugurándose coincidindo coa festa nacional senegalesa o 4 de abril de 2010. Trátase dunha das estatuas máis grandes do mundo, a maior de África e de fóra de Asia e a antiga Unión Soviética. O proxecto xerou moita controversia no país xa que o presidente Wade reclamou dereitos de autor sobre a obra, ...Ler máis

O Monumento da Renacenza Africana (en francés Monument de la Renaissance africaine) é unha estatua monumental en bronce de 49 metros de altura que conmemora o 50 aniversario da independencia do Senegal e que chama para a realización dunha nova Renacenza Africana, localízase preto do Océano Atlántico, nun dos outeiros xemelgos coñecidos como Deux Mamelles en Oukam, un concello dos arredores de Dacar. A estatua deseñouna o arquitecto Pierre Goudiaby Atepa so unha idea do presidente Abdoulaye Wade encargándose as obras a unha compañía de Corea do Norte que comezou cos preparativos no outeiro en 2006 aínda que a construción da estatua non principiou ata o 3 de abril de 2008 inaugurándose coincidindo coa festa nacional senegalesa o 4 de abril de 2010. Trátase dunha das estatuas máis grandes do mundo, a maior de África e de fóra de Asia e a antiga Unión Soviética. O proxecto xerou moita controversia no país xa que o presidente Wade reclamou dereitos de autor sobre a obra, reclamando o 35% dos beneficios xerados, tamén se cuestionou o estilo da escultura, etiquetándoa propia do realismo socialista e non moi africana e polo seu elevado custo, 27 millóns de dólares.

Photographies by:
Mahamat Abdramani - CC BY-SA 4.0
Zones
Statistics: Position
773
Statistics: Rank
134747

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
168259347Click/tap this sequence: 4561

Google street view

Where can you sleep near Monumento da Renacenza Africana ?

Booking.com
487.364 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 49 visits today.