Montserrat

( Montserrat (monte) )

Montserrat é un macizo rochoso situado no nordés da península Ibérica, considerado tradicionalmente a montaña máis importante e significativa de Cataluña. Está situada a 50 km ao noroeste da cidade de Barcelona entre as comarcas de Anoia, Baix Llobregat e Bages. Nesta montaña sitúase o santuario e mosteiro beneditino de Montserrat dedicado á Virxe de Montserrat.

O seu nome provén das palabras mont que significa monte, e serrat, que significa serrado en catalán. Tanto serrat como serralada (cordilleira) proveñen de serra, e precisamente esta palabra deriva do latín serra, que é o nome do instrumento para serrar, pola forma que teñen as montañas encadeadas consecutivamente, que fan pensar nos dentes dunha serra. Nas representacións heráldicas, Montserrat aparece como un grupo de montañas de ouro sobre campo vermello cunha serra de ouro que a curta por encima.

Trátase dun macizo de forma singular que ...Ler máis

Trátase dun macizo de forma singular que se alza bruscamente ao oeste do río Llobregat ata os 1.236 metros de altura do pico de Sant Jeroni. Outros picos destacados son o Cavall Bernat, as Agulles, o Serrat del Moro, o Montgròs, Sant Joan e a Palomera. En 1987 foi declarado parque natural para garantir a súa conservación.

Photographies by:
Statistics: Position
575
Statistics: Rank
282719

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
197843256Click/tap this sequence: 5751
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Videos

Where can you sleep near Montserrat (monte) ?

Booking.com

What can you do near Montserrat (monte) ?

8.712.361 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 9.859 visits today.