Vesuvio

( Monte Vesuvio )

O Monte Vesuvio italiano: Monte Vesuvio, é un somma-estratovolcán situado na baía de Nápoles na Campania, Italia, preto da cidade de Nápoles e a unha curta distancia da costa. É un de varios volcáns que forman o arco volcánico da Campania. O Vesuvio consiste nun gran cono volcánico, parcialmente circundado polo bordo escarpado dun cume causado polo colapso dunha estrutura anterior e orixinalmente moito máis alta.

É un volcán de tipo vesuviano, aos que dá nome. Caracterízase por alternar erupcións de piroclastos con erupcións de coadas lávicas, dando lugar a unha superposición en estratos que fai que este tipo de volcáns alcance grandes dimensións. Outros volcáns de tipo vesuviano son o Teide ou o Fuji.

É famoso pola erupción que no ano 79 sepultou as cidades romanas de Pompeia e Herculano, así como varios outros asentamentos, permitindo conservalas intactas até que se redescubriron no século XVII. Hoxe son emprazamentos arqueolóxic...Ler máis

O Monte Vesuvio italiano: Monte Vesuvio, é un somma-estratovolcán situado na baía de Nápoles na Campania, Italia, preto da cidade de Nápoles e a unha curta distancia da costa. É un de varios volcáns que forman o arco volcánico da Campania. O Vesuvio consiste nun gran cono volcánico, parcialmente circundado polo bordo escarpado dun cume causado polo colapso dunha estrutura anterior e orixinalmente moito máis alta.

É un volcán de tipo vesuviano, aos que dá nome. Caracterízase por alternar erupcións de piroclastos con erupcións de coadas lávicas, dando lugar a unha superposición en estratos que fai que este tipo de volcáns alcance grandes dimensións. Outros volcáns de tipo vesuviano son o Teide ou o Fuji.

É famoso pola erupción que no ano 79 sepultou as cidades romanas de Pompeia e Herculano, así como varios outros asentamentos, permitindo conservalas intactas até que se redescubriron no século XVII. Hoxe son emprazamentos arqueolóxicos que permiten investigar a cultura romana e a vida dunhas cidades que permaneceron sen alterar desde a Idade Antiga.

A erupción expulsou unha nube de pedras, cinzas e gas volcánico a unha altura de 33 km., guindou rocha fundida e pulverizada pedra pómez a razón de 6×105 por segundo, liberando en última instancia cen mil veces a enerxía térmica lanzada polos bombardeos de Hiroshima-Nagasaki. Máis de 1.000 persoas morreron na erupción, pero os números exactos descoñécense. O único relato dunha testemuña ocular supervivente do evento consiste en dúas cartas de Plinio o Novo ao historiador Tácito.

O Vesuvio estalou moitas veces desde entón e é o único volcán no continente europeo que estalou nos últimos cen anos. Hoxe en día, é considerado como un dos volcáns máis perigosos do mundo debido á poboación de 3.000.000 de persoas que viven preto e a súa tendencia a erupcións violentas e explosivas do tipo pliniano, facéndoa a rexión volcánica máis densamente poboada do mundo.

Photographies by:
Statistics: Position
1285
Statistics: Rank
92790

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
758916423Click/tap this sequence: 3168

Google street view

Where can you sleep near Monte Vesuvio ?

Booking.com
489.311 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 138 visits today.