Mount Rushmore

( Monte Rushmore )

O Monte Rushmore (en inglés: Mount Rushmore National Memorial), situado en Keystone, Dacota do Sur, conmemora o nacemento, o crecemento, a conservación e o desenvolvemento dos Estados Unidos de América. O Parque Nacional Monte Rushmore ten 5,17 km². Entre 1927 e o 31 de outubro de 1941, Gutzon Borglum e 400 traballadores tallaron os bustos colosais de 18 metros dos presidentes George Washington, Thomas Jefferson, Theodore Roosevelt e Abraham Lincoln que representan os primeiros 150 anos da historia dos Estados Unidos. Os modelos do xeso e as ferramentas que se usaron na construción das esculturas seguen alí. Recentemente, tras dez anos de traballos de reconstrución, construíuse unha extensa rede de instalacións para servizos complementarios e beirarrúas. Hai novas sendas para peóns que proporcionan visións espectaculares desde a parte posterior de Abraham Lincoln. O mantemento do monumento é un desafío único para os conservadores, porque require escalar a montaña para ...Ler máis

O Monte Rushmore (en inglés: Mount Rushmore National Memorial), situado en Keystone, Dacota do Sur, conmemora o nacemento, o crecemento, a conservación e o desenvolvemento dos Estados Unidos de América. O Parque Nacional Monte Rushmore ten 5,17 km². Entre 1927 e o 31 de outubro de 1941, Gutzon Borglum e 400 traballadores tallaron os bustos colosais de 18 metros dos presidentes George Washington, Thomas Jefferson, Theodore Roosevelt e Abraham Lincoln que representan os primeiros 150 anos da historia dos Estados Unidos. Os modelos do xeso e as ferramentas que se usaron na construción das esculturas seguen alí. Recentemente, tras dez anos de traballos de reconstrución, construíuse unha extensa rede de instalacións para servizos complementarios e beirarrúas. Hai novas sendas para peóns que proporcionan visións espectaculares desde a parte posterior de Abraham Lincoln. O mantemento do monumento é un desafío único para os conservadores, porque require escalar a montaña para eliminar liques e limpar as esculturas.

O monumento serve como fogar a moitos animais e plantas representativas dos Outeiros Negros (Black Hills) de Dacota do Sur. As formacións xeolóxicas do interior da rexión son tamén evidentes, incluíndo grandes zonas de granito e de mica. A formación de roca tállase nun sitio sacro de Lakota Native American. Un Memorial Crazy Horse (Monumento a Cabalo Tolo), comezado en 1948, estase tallando actualmente preto de Dacota do sur. O Monte Rushmore foi nomeado monumento nacional o 3 de marzo de 1925.

O 8 de xullo de 2005 comezaron os traballos de limpeza das caras por parte de Alfred Kaercher GmbH & Co., unha empresa alemá de máquinas de limpeza. Alfred Kaercher GmbH & Co. ofreceuse a limpar as caras de forma gratuíta. É a primeira vez que na historia do monumento foi lavado con auga a presión.

Photographies by:
Jonathunder - GFDL 1.2
Statistics: Position
1776
Statistics: Rank
146003

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
957683241Click/tap this sequence: 6124
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Monte Rushmore ?

Booking.com

What can you do near Monte Rushmore ?

8.714.967 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 1.105 visits today.