Mojácar é un concello andaluz, na costa leste da provincia de Almería. Cunha extensión de 72 km² e con 6.092 habitantes, é un concello eminentemente turístico, cun núcleo tradicional no interior e un gran conxunto de instalacións hoteleiras ao longo da praia.

Historia
 
Rúa encalada do núcleo principal de Mojácar.

Mojácar debeu estar habitado dende a antigüidade. Sospéitase de poboamentos da Idade de Bronce, así como fenicios e cartaxineses, e téñense probas de asentamentos gregos co nome de Murgis-Acra, que sería latinizado en Moxacar (e de aí o español actual Mojácar).

Mojácar, pertencente á provincia árabe de Almería, quedou no século VIII baixo o dominio do califato de Damasco e logo baixo o de Córdoba, co que Mojácar experimentou un forte desenvolvemento. Coa coroación de Mohamed I de Córdoba no reino de Granada Mojácar foi incorporado ao sultanato de Nasrid, e converteuse nunha das prazas fortes na defensa do reino árabe fronte aos ataques dos cristiáns do norte. Estes combates produciron un masacre na poboación civil en 1435 e a derrota e rendición final o 10 de xuño de 1488. O pacto de convivencia entre mouriscos, xudeus e cristiáns produciu un novo desenvolvemento da poboación, que chegou a ter uns 10.000 habitantes no século XVIII.

A seca e a emigración provocaron un retroceso económico e demográfico no século XIX, do que só se recuperou a poboación coa chegada de turistas e residentes europeos na segunda metade do século XX, pero particularmente a partir dos anos oitenta. En Mojácar está a sede da Fundación Valparaíso, un centro para a creación e a difusión de arte, onde se reúnen distintos artistas europeos.

Photographies by:
Ziegler175 - CC BY-SA 4.0
Statistics: Position
4536
Statistics: Rank
22462

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
318564297Click/tap this sequence: 5882

Google street view

Where can you sleep near Mojácar ?

Booking.com
490.200 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 75 visits today.