Malé

Malé (/ˈmɑːl/, pronuncia local: [ˈmɑːlɛ]; maldivano: މާލެ) é a capital e cidade máis poboada da República de Maldivas. Cunha poboación de 133.412 e unha superficie de 9´27 km², tamén é unha das Cidades máis densamente poboadas do mundo. A cidade está xeograficamente situada no bordo sur do Atol de Malé norte (Atol Kaafu). Administrativamente, a cidade consta dunha illa central,unha illa aeroporto e outras dúas illas gobernadas polo Concello de Malé.

Tradicionalmente era a illa do Rei, desde onde gobernaban as antigas dinastías reais e onde se atopaba o palacio. A cidade chamábase entón M...Ler máis

Malé (/ˈmɑːl/, pronuncia local: [ˈmɑːlɛ]; maldivano: މާލެ) é a capital e cidade máis poboada da República de Maldivas. Cunha poboación de 133.412 e unha superficie de 9´27 km², tamén é unha das Cidades máis densamente poboadas do mundo. A cidade está xeograficamente situada no bordo sur do Atol de Malé norte (Atol Kaafu). Administrativamente, a cidade consta dunha illa central,unha illa aeroporto e outras dúas illas gobernadas polo Concello de Malé.

Tradicionalmente era a illa do Rei, desde onde gobernaban as antigas dinastías reais e onde se atopaba o palacio. A cidade chamábase entón Mahal. Antigamente era unha cidade amurallada rodeada de fortificacións e portas (doroshi). O Palacio Real (Gan'duvaru) destruíuse xunto cos pintorescos fortes (koshi) e os bastións (buruzu) cando remodelouse a cidade baixo o presidente Ibrahim Nasir que gobernou despois da abolición da monarquía en 1968. Non obstante, a mesquita do venres de Malé permanece. Nos últimos anos, a illa ampliouse considerablemente mediante operacións de recheo de terra. Ao longo dos anos, Malé foi o centro das protestas políticas e de eventos importantes.

Photographies by:
Statistics: Position
1422
Statistics: Rank
86785

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
291745386Click/tap this sequence: 1228

Google street view

Where can you sleep near Malé ?

Booking.com
489.951 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 0 visits today.