Machu Picchu (do quechua sureño Machu Pikchu, "montaña vella") é o nome contemporáneo que se lle dá a unha llaqta (antigo poboado andino inca) de pedra construída principalmente a mediados do século XV no promontorio rochoso que une as montañas Machu Picchu e Huayna Picchu na vertente oriental dos Andes Centrais, no sur do Perú e a 2430 msnm, altitude da súa praza principal. O seu nome orixinal sería Picchu ou Picho.

Segundo documentos de mediados do século XVI Machu Picchu sería unha das residencias de descanso de Pachacuti (primeiro emperador inca, 1438-1470). Así a todo, algunhas das súas mellores construcións e o evidente carácter cerimonial da principal vía de acceso á llaqta demostrarían que esta foi usada como santuario relixioso. Ámbolos usos, o de palacio e o de santuario, non serían incompatibles. Algúns expertos parecen descartar, emporiso, un suposto carácter militar, polo que os populares cualificat...Ler máis

Machu Picchu (do quechua sureño Machu Pikchu, "montaña vella") é o nome contemporáneo que se lle dá a unha llaqta (antigo poboado andino inca) de pedra construída principalmente a mediados do século XV no promontorio rochoso que une as montañas Machu Picchu e Huayna Picchu na vertente oriental dos Andes Centrais, no sur do Perú e a 2430 msnm, altitude da súa praza principal. O seu nome orixinal sería Picchu ou Picho.

Segundo documentos de mediados do século XVI Machu Picchu sería unha das residencias de descanso de Pachacuti (primeiro emperador inca, 1438-1470). Así a todo, algunhas das súas mellores construcións e o evidente carácter cerimonial da principal vía de acceso á llaqta demostrarían que esta foi usada como santuario relixioso. Ámbolos usos, o de palacio e o de santuario, non serían incompatibles. Algúns expertos parecen descartar, emporiso, un suposto carácter militar, polo que os populares cualificativos de "fortaleza" ou "cidadela" poderían ser superados.

Machu Picchu está considerada tamén coma unha obra mestra da arquitectura e a enxeñaría. As súas peculiares características arquitectónicas e paisaxísticas e o veo de misterio que teceu arredor seu gran parte da literatura publicada sobre o sitio, convertérono nun dos destinos turísticos máis populares do Planeta.

Machu Picchu foi declarado Santuario Histórico Peruano en 1981 e está na lista do Patrimonio da humanidade da UNESCO dende 1983, como parte de todo o conxunto cultural e ecolóxico coñecido coa denominación Santuario Histórico de Machu Picchu.

O 7 de xullo de 2007 Machu Picchu foi declarada unha das Novas sete marabillas do mundo nunha cerimonia realizada en Lisboa (Portugal), que contou coa participación de máis de cen millóns de votantes no mundo enteiro a través dun concurso realizado en Internet.

Historia

A Valgada de Picchu, situada a medio camiño entre os Andes e a foresta amazónica, foi unha rexión colonizada por poboacións montesas, non selváticas, provenientes das rexións de Vilcabamba e do Val Sagrado, en Cuzco, en busca da expansión das súas fronteiras agrarias. As evidencias arqueolóxicas indican que a agricultura practicouse na rexión dende polo menos o 760 a.C.[1] Produciuse unha explosión demográfica a partir do período Horizonte medio, dende o ano 900 da nosa era, por grupos non documentados historicamente pero que posiblemente estiveron vinculados á etnia Tampu do Urubamba. Crese que estes pobos poderían formar parte da federación Aiarmaca, rivais dos primeiros incas do Cuzco.[2] Os aiarmaca aparecen mencionados en diferentes crónicas do século XVI como antagonistas dos incas no período anterior ao ascenso de Pachacuti. Nese período expándese considerablemente a área agrícola "construída" (plataformas). Porén, o emprazamento específico da cidade (a crista rochosa que une as montañas Machu Picchu e Huayna Picchu) non presenta pegadas de ter edificacións antes do século XV.[3]

Época inca (1438-1534)
 
Pachacuti, segundo a crónica de Martín de Murúa (1615).

Por volta de 1440, durante a súa campaña cara a Vilcabamba, a Valgada de Picchu foi conquistada por Pachacuti,[4] primeiro emperador inca (1438-1470). O emprazamento de Machu Picchu debeu impresionar ao monarca polas súas peculiares características dentro da xeografía sacra cusqueña.[5] e por iso mandaría a construír alí, por volta de 1450, un complexo urbano con edificacións de gran luxo civís e relixiosas.[6]

Crese que Machu Picchu tivo unha poboación móbil como a maioría das llaqtas incas, que oscilaba entre 300 e 1.000 habitantes[7] pertencentes a unha elite (posiblemente membros da panaca de Pachacuti)[8] e acllas. Demostrouse que a forza agrícola estivo composta por colonos mitimaes ou mitmas (mitmaqkuna) procedentes de diferentes recunchos do imperio.[9]

Machu Picchu non era de ningún xeito un complexo illado, polo que o mito da "cidade perdida" e do "refuxio secreto" dos emperadores incas carece de base. Os vales que confluían na valgada formaban unha rexión densamente poboada que incrementou espectacularmente a súa produtividade agrícola a partir da ocupación inca en 1440.[10] Os incas construíron alí moitos centros administrativos, os máis importantes dos cales foron Patallacta e Quente [11] e abundantes complexos agrícolas formados por socalcos de cultivo. Machu Picchu dependía destes complexos para a súa alimentación, pois os campos do sector agrario da cidade resultarían insuficientes para abastecer á poboación.[12] A comunicación intrarrexional era posible grazas ás redes de camiños incas: 8 camiños chegaban a Machu Picchu.[13] A pequena urbe de Picchu chegouse a diferenciar das poboacións veciñas pola singular calidade dos seus principais edificios.

Á morte de Pachacuti, e de acordo cos costumes reais incas, esta e o resto das súas propiedades persoais pasaría á administración da súa panaca, que debía destinar as rendas producidas ao culto da momia do defunto rei.[14] Presúmese que se mantivo esta situación durante os gobernos de Túpac Yupanqui (1470-1493) e Huayna Cápac (1493-1529).

Machu Picchu debeu perder en parte a súa importancia ao ter que competir en prestixio coas propiedades persoais dos emperadores sucesores. De feito, a apertura dun camiño máis seguro e amplo entre Ollantaytambo e Vilcabamba (o do Val de Amaybamba) fixo que a ruta da Valgada de Picchu fose menos empregada.[15]

Época de transición (1534-1572)
 
Rocha labrada baixo o templo do Sol que dá ingreso ao chamado Mausoleo Real. Algúns autores como Lumbreras suxiren que puido estar destinado á momia de Pachacuti.

A guerra civil inca (1531-32) e a irrupción española no Cuzco en 1534 deberon afectar considerablemente a vida de Machu Picchu. A masa campesiña da rexión estaba composta principalmente por mitmas, colonos de diferentes nacións conquistadas polos incas levados á forza a ese lugar. Os campesiños aproveitaron a caída do sistema económico cusqueño para retornar ás súas terras de orixe.[16] A resistencia inca contra os españois, dirixida por Manco Inca en 1536, convocou aos nobres das rexións próximas a integrar a súa corte no exilio de Vilcabamba,[17] e é moi probable que os principais nobres de Picchu abandonasen entón a cidade. Documentos da época indican que a rexión estaba chea de "despoboados" nese tempo.[18] Picchu seguiría habitada e o rexistro da súa existencia proba que foi considerada unha poboación tributaria da encomenda española de Ollantaitambo.[19] Iso non significa necesariamente que os españois visitasen Machu Picchu con frecuencia; de feito, sabemos que o tributo de Picchu era entregado aos españois unha vez por ano na vila de Ollantaitambo, e non "recollido" localmente.[20] De todas as maneiras, está claro que os españois sabían do lugar, aínda que non hai indicios de que apreciasen a súa importancia pasada. Os documentos coloniais ata mencionan o nome de quen era curaca (seica o último) de Machu Picchu en 1568: Juan Mácora.[21] Que se chame "Juan" indica que fora, polo menos nominalmente, bautizado, e, xa que logo, sometido á influencia española.

Outro documento[22] indica que o Inca Titu Cusi Yupanqui, que daquela reinaba en Vilcabamba, pediu que frades agostiños acudisen a evanxelizar "Piocho" cara a 1570. Non se coñece ningún lugar da zona que se oia parecido a "Piocho" que non sexa "Piccho" ou "Picchu", o que fai supor a Lumbreras que os famosos "extirpadores de idolatrías" poderían chegar ao sitio e ter que ver coa destrución e incendio do Torreón do Templo do Sol.[23]

O soldado español Baltasar de Ocampo escribiu a fins do século XVI sobre un poboado "no alto dunha montaña" de edificios "suntuosísimos" e que albergaba un grande acllahuasi (Casa das escolleitas) nos últimos anos da resistencia inca. A descrición breve que fai dos seus ambientes remítenos a Picchu. O máis interesante é que Ocampo di que se chama "Pitcos". O único lugar de nome parecido é "Vitcos", un sitio inca en Vilcabamba completamente diferente ao descrito por Ocampo. O outro candidato é, naturalmente, Picchu.[24] Non se sabe ata hoxe se se trata do mesmo lugar ou non. Ocampo indica que neste lugar se criou Túpac Amaru I, sucesor de Titu Cusi e último Inca de Vilcabamba.

Entre a colonia e a república (s.XVII-s.XIX)

Tras a caída do reino de Vilcabamba en 1572 e a consolidación do poder español nos Andes Centrais, Machu Picchu mantívose dentro da xurisdición de diferentes facendas coloniais que cambiaron varias veces de mans ata tempos republicanos (dende 1821). Porén, xa se volveu un lugar remoto, afastado dos novos camiños e eixos económicos do Perú. A rexión foi practicamente ignorada polo réxime colonial (que non mandou edificar templos cristiáns nin administrou poboado ningún na zona), aínda que non polo home andino.

De certo, o sector agrícola de Machu Picchu non parece estar completamente deshabitado nin descoñecido: documentos de 1657[25] e de 1782[26] aluden a Machu Picchu, como terras de interese agrícola. Así a todo, as súas principais construcións, as da área urbana, non parecen que fosen ocupadas e foron gañadas pronto pola vexetación do bosque nubrado.

Machu Picchu no século XIX

En 1865, no curso das súas viaxes de exploración polo Perú, o naturalista italiano Antonio Raimondi pasou ao pé das ruínas sen o saber e aludiu ao escasamente poboada que estaba daquela a rexión. Emporiso todo indica que foi por eses anos cando a zona empezou a recibir visitas por intereses distintos aos simplemente científicos.

Efectivamente, unha investigación divulgada en 2008 [27][28] revelou información sobre un empresario alemán chamado Augusto Berns que en 1867 non só "descubriría" as ruínas senón que fundaría unha empresa "mineira" para explotar os presuntos "tesouros" que albergaban (a "Compañía Anónima Explotadora das Huacas do Inca"). De acordo con esta fonte, entre 1867 e 1870 e coa autorización do goberno de José Balta, a compañía operaría na zona e logo vendera "todo o que atopou" a coleccionistas europeos e norteamericanos.[29]

Conectados ou non con esta presunta empresa (cuxa existencia espera ser confirmada por outras fontes e autores) o certo é que é neses momentos cando os mapas de prospeccións mineiras comezan a mencionar Machu Picchu. Así, en 1870, o norteamericano Harry Singer colocou por primeira vez nun mapa a localización do Cerro Machu Picchu e referiuse ao Huayna Picchu como "Punta Huaca do Inca". O nome revela unha inédita relación entre os incas e a montaña e mesmo suxire un carácter relixioso (unha huaca nos Andes Antigos era un lugar sacro).[30]

Un segundo mapa de 1874, elaborado polo alemán Herman Gohring, menciona e sitúa no seu sitio exacto as dúas montañas.[31]

Por fin en 1880 o explorador francés Charles Wiener confirmou a existencia de restos arqueolóxicos no lugar (afirma: "falóuseme doutras cidades, de Huayna Picchu e de Machu Picchu"), aínda que non deu chegado ao emprazamento.[32] De calquera xeito está claro que a existencia da presunta "cidade perdida" non se esqueceu, como se cría ata hai poucos anos.

Redescubrimento de Machu Picchu (1894-1911)
 
Machu Picchu en 1912.

As primeiras referencias directas sobre visitantes das ruínas de Machu Picchu indican que Agustín Lizárraga, un arrendatario de terras cusqueño, chegou ao sitio o 14 de xullo de 1902 guiando aos tamén cusqueños Gabino Sánchez, Enrique Palma e Justo Ochoa.[33] Os visitantes deixaron un graffiti cos seus nomes nun dos muros do Templo das Tres Fiestras que foi posteriormente verificado por varias persoas.[34] Existen informacións que suxiren que Lizárraga xa visitara Machu Picchu en compañía de Luís Béjar en 1894.[35] Lizárraga mostráballes as construcións aos "visitantes", aínda que a natureza das súas actividades ata o de hoxe non foi investigada.[36]

 
Hiram Bingham na tenda de campaña preto de Machu Picchu en 1912.

Hiram Bingham, un profesor norteamericano de historia interesado en atopar os últimos redutos incas de Vilcabamba oíu falar de Lizárraga aos seus contactos cos facendados locais.[37] Foi así como chegou a Machu Picchu o 24 de xullo de 1911 guiado por outro arrendatario de terras, Melchor Arteaga, e acompañado por un sarxento da garda civil peruana de apelido Carrasco.[38] Atoparon a dúas familias de campesiños vivindo alí: os Recharte e os Álvarez, quen usaban as plataformas do sur das ruínas para cultivar e bebían a auga dunha canle inca que aínda funcionaba e que traía auga dun manancial. Pablo Recharte, un dos nenos de Machu Picchu, guiou a Bingham cara á "zona urbana" cuberta pola maleza.[39]

Bingham quedou moi impresionado polo que viu e xestionou os patrocinios da Universidade Yale, a National Geographic Society e o goberno peruano para iniciar decontado o estudo científico do sitio.[40] Así, co enxeñeiro Ellwood Erdis, o osteólogo George Eaton, a participación directa de Toribio Recharte e Anacleto Álvarez xunto cun grupo de traballadores anónimos da zona, Bingham dirixiu traballos arqueolóxicos en Machu Picchu dende 1912 ata 1915, período no que se despexou a maleza e escaváronse tumbas incas nos extramuros da cidade. A "vida pública" de Machu Picchu empezou en 1913 coa publicación dun artigo na revista da National Geographic.

Aínda que está claro que Bingham non descubriu Machu Picchu no sentido estrito da palabra (ninguén o fixo dado que nunca se "perdeu" realmente), é indubidable que tivo o mérito de ser a primeira persoa en recoñecer a importancia das ruínas, estudándoas cun equipo multidisciplinario e divulgando os seus achados. Iso aínda que os criterios arqueolóxicos empregados non fosen os máis adecuados dende a perspectiva actual,[41] e malia, tamén, a polémica que ata hoxe envolve a máis que irregular saída do país do material arqueolóxico escavado[42] (que consta de polo menos unhas 46.332 pezas) e que ata 2009 non foi devolvido ao goberno peruano [43]

Machu Picchu dende 1915

Entre 1924 e 1928 Martín Chambi e Juan Manuel Figueroa fixeron unha serie de fotografías en Machu Picchu que foron publicadas en diferentes revistas peruanas, masificando o interese local sobre as ruínas e converténdoas nun símbolo nacional.[44] Co transcorrer das décadas, e especialmente dende a apertura en 1948 dunha vía de carros que ascendía a pendente da montaña ata as ruínas dende a estación de tren, Machu Picchu converteuse no principal destino turístico do Perú. Durante os dous primeiros terzos do século XX, emporiso, o interese pola súa explotación turística foi maior que o de conservación e estudo das ruínas, o que non impediu que algúns investigadores notables avanzasen en resolver os misterios de Machu Picchu, destacando especialmente os traballos da Viking Found dirixida por Paul Fejos sobre os sitios incas da contorna de Machu Picchu ("descubrindo" varios establecementos do Camiño Inca a Machu Picchu) e as investigacións de Luís E. Valcárcel que relacionaron por primeira vez o sitio con Pachacuti. Foi o partir da década de 1970 cando novas xeracións de arqueólogos (Chávez Ballón, Lorenzo, Ramos Condori, Zapata, Sánchez, Valencia, Gibaja), historiadores (Glave e Remy, Rowe, Angles), astrónomos (Dearborn, White, Thomson) e antropólogos (Reinhard, Urton) se ocuparon da investigación das ruínas e do seu pasado.

O establecemento dunha Zona de Protección Ecolóxica ao redor das ruínas en 1981, a inclusión de Machu Picchu como integrante da Lista do Patrimonio Mundial en 1983, e a adopción dun Plan Mestre para o desenvolvemento sostible da rexión en 2005 foron os fitos máis importantes no esforzo por conservar Machu Picchu e a súa contorna. Con todo conspiraron contra estes esforzos algunhas malas restauracións parciais no pasado,[45] incendios forestais, como o de 1997 e conflitos políticos xurdidos nas poboacións próximas en prol dunha mellor distribución dos recursos obtidos polo Estado na administración das ruínas.

Feitos recentes
 
Intihuatana en Machu Picchu.
O 8 de setembro do 2000, cando se gravaba un comercial publicitario de cervexa cusqueña (Backus & Johnston), un guindastre que se estaba a utilizar caeu sobre o famoso Intihuatana ("reloxo solar"), rompendo preto de 8 cm da punta. O caso levou a unha demanda por parte do INC e a solicitude da respectiva indemnización, en 2005.[46] En xullo de 2003 a cantante Gloria Estefan visitou a cidadela e gravou nas súas paisaxes o videoclip con letra do cantautor peruano Gian Marco para o tema Hoy (Today) do álbum Unwrapped. O 10 de novembro de 2003 o Congreso do Perú emite a lei 28100 que establece que o 10% dos ingresos recadados polo ingreso ao Parque Arqueolóxico de Machu Picchu, administrado polo Instituto Nacional de Cultura, será destinado á municipalidade de Machu Picchu.[47]O 12 de xullo de 2006 o Congreso do Perú emite a lei 28778 para a repatriación dos obxectos arqueolóxicos que forman parte da colección Machu Picchu do museo Peabody da Universidade Yale nos Estados Unidos de Norteamérica, que foron autorizadas a saír do país polo Decreto Supremo 1529 do 31 de outubro de 1912 e por Decretos Supremo 31 do 27 de xaneiro de 1916.[48] En xuño de 2007 a actriz Cameron Diaz visitou a cidadela para facer un documental do programa 4Real da cadea CTV. En 2007 o goberno do Perú decretou o día 7 de xullo como o "Día do Santuario Histórico de Machu Picchu, Nova Marabilla do Mundo", debido a que o 7 de xullo de 2007 Machu Picchu foi nomeada como unha das Novas sete marabillas do mundo. En setembro de 2007 a Universidade Yale manifestou que devolverá 4.000 pezas arqueolóxicas atopadas por Hiram Bingham e que actuará como promotor da súa exhibición nun museo itinerante e finalmente nun museo no Cuzco.[49] Kendall, 1994: 102 Kendall, 1994: 103. Valencia e Gibaja, 1992: 319 Segundo Rowe, iso recollese nas crónicas do século XVI de Martín de Murúa e de Miguel Cabello Valboa (Rowe 1990: páx. 143) O tema foi estudado en Reinhard (1991) onde o autor atopa abundantes indicios de aliñacións e relacións visibles dende Machu Picchu entre montañas consideradas sacras, huacas e o percorrido do sol en datas clave do calendario andino. A data provén de dúas fontes: por unha banda os documentos presentados por Glave e Remy (1983) e John Rowe (1990), que suxiren que Pachacuti fixo construír Machu Picchu na década de 1450, e por outro, o datado radiocarbónico obtido por Reinaldo Chohfi e Rainer Berger no recinto 6 das Colcas de Machu Picchu (Valencia e Gibaja 1992: 317). WaterHistory.org (ed.). "Ancient Machu Picchu Drainage Engineering" (en inglés). Consultado o 1/02/2014.  Lumbreras 2005 : http://machupicchu.perucultural.org.pe/presentacion.htm Arquivado 25 de xuño de 2011 en Wayback Machine. Os estudos osteolóxicos de Eaton en 1912 e a súa revisión por Verán (Burger et. al. 2003) son concluíntes en canto a que había en Machu Picchu poboadores, tanto da costa norte peruana como do altiplano boliviano. Este feito tamén foi notado por Chávez Ballón (1961) no seu coñecido estudo sobre a cerámica de Machu Picchu. A explicación máis razoable é que se trataba de mitmaqkuna ou mitimaes, colonos recrutados polo estado por cuestións políticas (castigo ou premio) para habitar e traballar en certas zonas do imperio afastadas das súas terras de orixe Os traballos do Proxecto Cusichaca (Kendall, 1988: 100) indican que se producía un 90% de excedentes agrícolas na área. Que se facía deles? Todo indica que abastecían ao aínda máis poboado Valle Sagrado e á relativamente próxima capital inca en Cuzco Marca,Kendall, 1988: 99 Valencia e Gibaja: 324 Valencia e Gibaja 1992: 22 Un documento de 1568, o mesmo usado para identificar Machu Picchu coa propiedade persoal de Pachacuti, relata que as terras da Valgada de Picchu foron dedicadas a cerimonias de culto aos mortos (Rowe 1990: páx. 152), o que é coherente coa teoría da propiedade persoal de Pachacuti Rowe, 1990: páx. 143 Valencia y Gibaja 1992, 324 ; Kauffman 2006, 64; Lumbreras 2006 : http://www.machupicchu.perucultural.org.pe/actividades1.htm Arquivado 21 de agosto de 2008 en Wayback Machine. Kauffman, 1990: páx. 67 Un funcionario español, na súa viaxe ao reino de Vilcabamba en 1565, describiu as inmediacións da ponte de Choquechaca -camiño principal da zona nos primeiros tempos coloniais- como cheo de "despoblados". Rowe, 1990: páx. 140 Cuxo primeiro encomendeiro foi nada menos que o conquistador Hernando Pizarro (Glave & Remy 1983, p. 6) Rowe, 1990: páx. 142 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome repetida_1 Ibídem. "Machu Picchu". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2008. Consultado o 23 de xullo de 2011.  Valcárcel 1968 Glave & Remy 1983, p. 191 Sobre o que se publicou un informe no número 1.745 da revista Caretas de Lima Keys, David (3 de xuño de 2008). "Machu Picchu fue descubierto en 1867, cuarenta y cuatro años antes de lo que se creía" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28-06-2012. Consultado o 23-07-2011.  "Un empresario saqueó Machu Picchu casi medio siglo antes del descubrimiento 'oficial' de la ciudadela". El País (en castelán). 6 de xuño de 200. ISSN 1134-6582. Consultado o 9 de xullo de 2019.  A investigación sobre Berns, a cargo de Paolo Greer, refire unha lista de 57 contactos europeos e norteamericanos de posibles compradores, segundo o diario ABC de España. A Machu Picchu la descubrió uno pero se la atribuyó otro (en castelán). Mariana Mould de Pease úsao como portada do seu libro de 2003, no que revela a existencia de ámbolos mapas [1][2] Arquivado 23 de xuño de 2010 en Wayback Machine. Wiener 1993: 362; Kauffman Doig 2006: 18 Mould 2003, 57 Hiram Bingham atopou o graffiti en 1911 como el mesmo o recoñece no seu libro de 1922 Inca Land. Explorations in the Highlands of Peru (en inglés). Luís Cossío viuno en 1912. Posteriormente sería borrado por Bingham por obvios fins de conservación, aínda que hai quen con suspicacia suxire que simplemente quixo eliminar a Lizárraga da historia, quedando el só como único "descubridor". Nas súas notas persoais, en todo caso, Bingham chama a Lizárraga "descubridor de Machu Picchu" (Mould 2003: 56) aínda que os autores contemporáneos cuestionen a idoneidade dese título "Machu Picchu A descoberta da "Cidade Perdida dos Incas"" (en portugués). Consultado o 24/05/2014.  Mould de Pease cita numerosos indicios de que ao seu xuízo débese investigar a historia de Lizárraga dada a súa suposta afección a "coleccionar" tesouros; Mould 2003. Hiram Bingham (1922). "Searching for the lasst Inca capital". Explorations in the Highlands of Peru (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro do 2016.  Bingham, 1963: 259 Bingham, 1963: 263 Bingham, 1913: 567 criterios que, así a todo, predominaban na nacente arqueoloxía de entón; segundo Lumbreras en http://machupicchu.perucultural.org.pe/desarque1.htm Arquivado 14 de setembro de 2008 en Wayback Machine. Ao redor de 5.000 pezas arqueolóxicas foron espoliadas con destino á Universidade Yale nos EE.UU. con fins de estudo a cambio de que se devolvesen ao Perú e se divulgasen os estudos practicados e as fotografías tomadas (Mould de Pease 2003 : 58). Aínda que houbo disposicións legais que permitiron o inicuo saqueo (o decreto supremo do 31 de outubro de 1912, asinado polo entón presidente Augusto B. Leguía), estas contraviñan a lexislación peruana entón vixente. Sobre a posición peruana véxase [3] Véxase tamén [4] Arquivado 15 de agosto de 2011 en Wayback Machine. Perú pedirá a Universidade Yale a devolución de 46.332 pezas arqueolóxicas inventariadas extraídas de Machu Picchu. Andina, Axencia Peruana de Noticias. 16.4.2008(en castelán) "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2005. Consultado o 24 de outubro de 2005.  descritas criticamente por Valencia e Gibaja 1992: 275 LaUltima.com, Pedirán indemnización por 60 millones de soles por dañar Intihuatana Congreso del Perú (2003). Congreso del Perú, ed. "Lei 28100" (PDF). Lima - Perú. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 2011.  Congreso del Perú (13 de xullo do 2006). Congreso del Perú, ed. "Lei 28778" (PDF). Lima - Perú. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de maio de 2015. Consultado o 23 de xullo de 2011.  Yale to return Peruvian artefacts. BBC News. 17/07/2007 (en inglés)
Photographies by:
Martin St-Amant (S23678) - CC BY 3.0
No machine-readable author provided. Xauxa assumed (based on copyright claims). - CC BY-SA 3.0
Diespas - Public domain
Statistics: Position
11
Statistics: Rank
7672593

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
359287146Click/tap this sequence: 6115
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Machu Picchu ?

Booking.com

What can you do near Machu Picchu ?

9.001.954 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 2.108 visits today.