الأقصر

( Luxor )

Luxor (en árabe الأقصر, al-Uqṣur) é unha cidade exipcia na beira leste do Nilo, situada a 670 km ao sur do Cairo. Ten 150.000 habitantes.

A Luxor chámaselle "o museo ao ar libre máis grande do mundo", grazas ás ruínas do complexo de templos de Karnak, o templo de Luxor e os monumentos, templos e tumbas da marxe oeste, que inclúen o Val dos Reis e o Val das Raíñas. Luxor constitúe un punto de partida excelente para visitar o Alto Exipto e é un destino turístico moi popular, tanto en si mesmo como como punto de partida ou final de cruceiros polo Nilo.

A Luxor moderna creceu a partir das ruínas de Tebas, antiga capital do Imperio Novo (1550-1069 a.C.). A súa riqueza, tanto arquitectónica como cultural, fan dela a cidade máis monumental das que albergan vestixios da antiga civilización exipcia. O Nilo separa Luxor en dúas partes: a marxe oriental, outrora consagrada aos vivos, onde encontramos os vestixios dos máis importantes templos ...Ler máis

Luxor (en árabe الأقصر, al-Uqṣur) é unha cidade exipcia na beira leste do Nilo, situada a 670 km ao sur do Cairo. Ten 150.000 habitantes.

A Luxor chámaselle "o museo ao ar libre máis grande do mundo", grazas ás ruínas do complexo de templos de Karnak, o templo de Luxor e os monumentos, templos e tumbas da marxe oeste, que inclúen o Val dos Reis e o Val das Raíñas. Luxor constitúe un punto de partida excelente para visitar o Alto Exipto e é un destino turístico moi popular, tanto en si mesmo como como punto de partida ou final de cruceiros polo Nilo.

A Luxor moderna creceu a partir das ruínas de Tebas, antiga capital do Imperio Novo (1550-1069 a.C.). A súa riqueza, tanto arquitectónica como cultural, fan dela a cidade máis monumental das que albergan vestixios da antiga civilización exipcia. O Nilo separa Luxor en dúas partes: a marxe oriental, outrora consagrada aos vivos, onde encontramos os vestixios dos máis importantes templos consagrados aos deuses da mitoloxía exipcia, e a marxe occidental, consagrada aos mortos, onde se localizan algunhas das máis importantes necrópoles do antigo Exipto, segundas en importancia en relación ás existentes no planalto de Gizé, no Cairo, e onde foron feitos algúns dos achados arqueolóxicos máis significativos da antiga civilización, especialmente o túmulo de Tutankhamon, descuberto en 1922 polo célebre arqueólogo e exiptólogo inglés Howard Carter.

O nome actual procede do árabe El-Uqsur, "os alcázares", que á súa vez vén do latín castra, "campamentos" e débese aos dous campamentos militares construídos polos romanos. En lingua exipcia coñecíase como Waset, designación tamén do nomo, ou Niut ("a cidade"). Os gregos chamárona tamén Dióspolis Magna.

Historia

Waset era para os exipcios dos II e I Milenios a.C. "a cidade" por excelencia. Para os seus visitantes, a cidade era case o centro do mundo coñecido. O distrito pacego, Deba (alterado posteriormente polos gregos en Thebai), gozaba dun luxo inusitado e sen precedentes, de autoridade imperial, coñecementos e sabedoría, supremacía relixiosa e política, traballos artísticos e planos grandiosos. Algúns destes non chegaron a realizarse, como o obelisco de ouro de Hatshepsut. Fíxose sinónimo de riquezas extravagantes, amasadas probabelmente polos faraóns do Imperio Novo nas súas expedicións ao sur nos amplos territorios de Kush (no norte do actual Sudán) e ao norte, e en Palestina, Fenicia e Siria. Boa parte das áreas pacegas e residencias da cidade aínda non foron escavadas. N'A Ilíada de Homero o cualificativo é "Tebas, a das cen portas" e cóntase que cen carros podían pasar simultaneamente por cada unha delas e que as súas riquezas só as superaban en número os graos de area dos arredores. A cidade estaba baixo a advocación da tríade de deuses Amón, Mut e Khonsu

Na época dos faraóns menfitas, Tebas era unha vila pequena xa relacionada cun misterioso deus Amón, mais especialmente co deus da guerra Montu, cuxos templos marcaban os límites do territorio da cidade. Tebas ascendeu politicamente a mediados do II Milenio, coa X dinastía grazas aos seus éxitos militares. Durante a XI dinastía, Mentuhotep I logrou reunificar o Alto e o Baixo Exipto, desde a desembocadura do Nilo até Elefantina, na Primeira Catarata. Durante a XII dinastía, Temas dominou todo o curso inferior do Nilo a partir da Segunda Catarata.

Cando os hicsos tomaron o poder en Exipto, realmente non lograron controlar o val do Nilo e Tebas mantivo a súa autonomía e influencia sobre os principados limítrofes. As catro dinastías de faraóns posteriores (da XVII á XX, o Imperio Novo), expulsaron definitivamente aos hicsos de Exipto, iniciaron unha decidida política expansionista cara o norte e cara o sur e colocaron a Tebas no control do país. Durante estes seis séculos a cidade atinxiu un esplendor inigualábel. Ademais dos botíns de guerra, comerciábase co Golfo Pérsico a través da ruta de Coptos, coa África intertropical ao sur e probabelmente co Sáhara seguindo as rutas dos oasis do deserto.

Ramsés II e os seus sucesores tiveron que fortalecer as cidades do delta, máis expostas a invasións, o que propiciou co tempo a aparición de dinastías novas, que acabaron dominando o país, como as procedentes das cidades de Tais, Bubastis e Sais entre a XXI e a XXIV dinastías.

A XXV dinastía era de orixe etíope e, aínda que lle concederon a Tebas un papel relevante, xa Exipto perdera para sempre a súa autonomía. Os asirios invadírono en 672 a.C., Tebas foi saqueada por Assarhaddon e máis tarde por Assurbanipal.

A comezos da época romana (século I a.C.) xa só ficaban as grandiosas ruínas, visitadas xa daquela (por Xermánico, entre outros). Cando o emperador romano Teodosio publicou o seu edito, clausurando definitivamente todos os templos pagáns, os de Tebas foron espoliados polos cristiáns, que aproveitaron para decorar as súas igrexas. Curiosamente, moitos relevos teñen chegado até hoxe grazas ás capas de xeso coas que foron censuradas o que os cristián consideraban imaxes sacrílegas.

Photographies by:
Zones
Statistics: Position
2132
Statistics: Rank
58197

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
436172895Click/tap this sequence: 2737

Google street view

Where can you sleep near Luxor ?

Booking.com
487.403 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 29 visits today.